Día do Pensamento Scout

Hoxe, 22 de febreiro, os Scouts de todo o mundo celebramos o Día Mundial do Pensamento Scout. que vén a conmemorar o aniversario do nacemento de Baden Powell, o fundador do noso Movemento Scout, o movemento xuvenil e de educación e voluntariado máis importante do mundo.

Hoxe os scouts de todo o mundo debemos ter máis presente aínda o noso compromiso cun modo de vida adicado ó servizo aos demáis e a traballar por construir un mundo mellor.

 Para celebralo, queremos propoñerte dúas iniciativas:

 - Ponte o teu pano scout en público nalgun momento do día. Para mostrar o teu orgullo de ser scout e/ ou o teu apoio ó movemento xuvenil educativo máis importante e extendido do mundo

 - Dende a Organización Mundial invítannos a todos os scouts de todo o mundo que empreguemos algunha rede social a poñer o teu pano scout na imaxe de perfil durante o día de hoxe.

¡Feliz Día do Pensamento Scout

¡Comparte e difunde!

Aqui vos deixamos un video difundido pola OMMS:

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Clan, Grupo, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: , | 1 comentario

Acampada de Entroido 2012

¡O Grupo Scout Chan vaise de acampada!

Como vén sendo tradicional nestas datas, o Grupo Chan vaise de acampada conxunta durante  tres días aproveitando as festas do Entroido.

Esta época nestas terras galegas adoita ser un pouco fría, pero como sabedes o Scout ri, canta e é animoso perante as dificultades, de modo que un pouco de frío non é motivo para quedar na casa tirado no sofá pra ver a televisión… colleremos o noso xersei ou forro polar, a mochila e sairemos a pasalo moi, moi ben ó aire libre, que para iso somos Scouts.

A Acampada será de sábado 18 a luns 20, tedes toda a información nas follas de ruta que lles foron entregadas ós rapaces ou ben vola enviaron por correo electrónico.

É preciso que todos os rapaces e rapazas do Grupo confirmen a súa asistencia. Para isto, poñédevemos en contacto cos vosos scouters por correo electrónico ou teléfono.

Se algun rapaz ou algunha familia non ten aínda a folla de ruta ou se ten algunha dúbida, que por favor se poña en contacto cos seus scouters.

Aquí neste artigo vos deixamos algunhas fotos da Acampada de Entroido do ano pasado… ¡¡as Acampadas de Entroido sempre son especiais e están cheas de sorpresas!!

¡Vémonos o sábado!

Categorías: Clan, Grupo, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: , | 1 comentario

Video de presentación de ASDE-Scouts de Galicia

Por fin podes ver a versión completa do video de presentación de ASDE-Scouts de Galicia, do que vos deixamos un breve anticipo a semana pasada.

No video tratamos de facer un breve e sinxelo resumodos obxectivos do escultismo en xeral e da nosa federación en particular, así como da metodoloxía educativa que seguimos e as nosas actividades. Foi grabado no transcurso do Festival Scout Galego celebrado en Santiago así como nun Camporee.

O video, que é unha producción realizada pola asociación audiovisual Película Invertida, aínda leva pouco tempo en exposición pública pero está tendo unha moi boa acollida. Esperamos que vos guste e pedimos a vosa axuda e colaboración para darlle a maior difusión posible.

Queremos que nos coñeza todo o mundo, rapaces, nais, pais, familias, institucións, organizacións e posibles voluntarios

Queremos que todo mundo poida entender un pouco mellor qué somos os SCOUTS, qué é o que facemos e por qué o facemos.

¡Compárteo!

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: , , , | Deixar un comentario

Actividades Sábado 11 febreiro

Esta fin de semana a Escola de Tempo de Lecer da nosa Federación ASDE-Scouts de Galicia, a Escola Scout Insignia de Madeira (ESIM) imparte módulos do curso de Monitor de Actividades de Tempo de Lecer (Nó Gilwell) e do curso de Director de Actividades de Tempo de Lecer (Insignia de Madeira). A ambos cursos asistirán como alumnos varios dos scouters do Grupo Chan, e ademáis outros acoderán como equipo de apoio.

Por este motivo tanto a Tropa como a Unidade Esculta non terán actividade este fin de semana.

A Manada que terá actividade:  reunión no local de Vista Alegre, de 16:30 a 18:30

O Clan, pola súa banda terá actividades en Equipos.

A labor do scouter esixe unha formación continuada, e isto permite que fagamos un escultismo e unha educación de maior calidade.

 

Nó Gilwell

Insignia de Madeira

Categorías: Clan, Grupo, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: , , , , , , | Deixar un comentario

Video sobre o proxecto solidario da Unidade Esculta

Os rapaces e rapazas da Unidade Esculta do Grupo Chan obséquiannos cun pequeno video para recopilar todo o traballo que realizaron co seu proxecto “Cottolengo“. que foi por suposto deseñado e executado polos propios escultas, e do que xa se falou anteriormente nun artigo nesta web.

Aquí podedes ver o video:

Mediante este proxecto Cottolengo os escultas puxeron en práctica o seu espírito de servizo frente as carencias que hai no seu entorno cercano, e para iso desenvolveron dúas grandes accións:

Lembrade que a Unidade Esculta vén de abrir un blog onde compartirán os seus proxectos e inquedanzas. Non deixes de visitalo

¡Moi bo traballo escultas!

¡Compárteo!

Categorías: Unidade Esculta | Etiquetas: , , , | Deixar un comentario

Blogue en WordPress.com. Tema: Adventure Journal por Contexture International.

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.