Castores

Voltamos á carga!

FB_IMG_1572973681059

 

O pasado 12 e 13 de Outubro de 2019, tivemos a nosa tradicional Acampada de Ramas que despide unha ronda e da comezo á seguinte…

Dende ese momento, foi un non parar de actividades, reunións, formacións, xogos, saídas,… Un non parar de diversión e escultismo!

FB_IMG_1572970441661

 

 

O noso Kraal acudiu a varios cursos de formación para seguir aprendendo e mellorando a nosa calidade educativa, e contribuindo a #ConstruirUnMundoMellor  en cada un dos espazos de participación de Scouts de Galicia. Como o Foro de Scouters, as Asambleas e Consellos.

 

Pero é que os lobatos/as, scouts, escultas e rovers,… non se quedan atrás! No último mes retomaron con moitísima enerxía todas a rutina do Grupo, marcándose novos retos a conseguir para superarse día a día un pouco máis.

 

E so acabamos de comezar! Este ano chega forte!

FB_IMG_1572970419793

 

Categorías: Castores, Clan, Grupo, Kraal, Manada, Tropa Scout, Uncategorized, Unidade Esculta | Deixar un comentario

“Collo 2.92 e redondeo” (#Coge3 #Colle3)

“Collo 2.92 e redondeo”, un pequeno proxecto que lanzamos dende o Ecocargo do Grupo Scout Chan 292, apoiando o maravilloso proxecto “Coge3” que persigue, coma todas e todos os scouts do mundo, deixalo un pouco mellor de como o atopamos.
Así, a idea é recoller alomenos 3 obxectos ou residuos que atopemos en entornos naturais. Animámosvos a mandarnos as vosas fotos para seguir esta pequena cadea e animar a máis xente a participar.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra fotográfica dos primeiros pasiños. Tanto nas nosas actividades, coma fóra delas, Collo 2’92 e redondeo.
Tedes máis información do proxecto na súa páxina web http://cogetres.com/ e na súa páxina de Facebook https://www.facebook.com/coge3/
Categorías: Castores, Clan, Grupo, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.