A Manada segue xogando dende a casa

Bo día Manada!
Como ides avanzando a semana?
Queremos comezar agradecendo a participación e implicación que estades tendo
nestas actividades atípicas que estamos a propoñer. Encántanos ver que estanvos gustando e que apetécevos ser participes delas.

Recordade que isto non son unhas actividades pechadas e que calquera das ideas que teñades para compartir co resto da manada faránnos sempre moita ilusión
e serán benvidas.

Antes de comentarvos que nos depara esta semana, imos dar os resultados do noso super xogo da manada, redoble de tambores…

ganadores_Moment

Queremos facer tamén unha mención especial ao resto de participantes do grupo, que acadaron tamén os primeiros postos neste súper xogo, e animamosvos a que sigades participando a así.

Como esta finde teríamos a nosa magnífica acampada de semana santa, queremos incluír dentro das actividades unha máis especial, a ver que vos parece.

Un bico e un abrazo enorme.

ACTIVIDADES E RETOS

1.- CREAR A VOSA PROPIA ACAMPADA NA CASA: Que vos parecería lanzar o noso propio reto ao resto do grupo? Simular unha das cousas que máis nos gusta,
nun espazo algo diferente, queremos proporvos lanzar o reto de crear a nosa propia tenda dentro da nosa casa, no salón, terraza, habitación… queremos ver canto de orixinais podedes ser, para iso esperamos as vosas fotos, vídeos ou
incluso os vosos propios titoriais de como crear una acampada máxica!! Deixamosvos algunhas imaxes para despertar a vosa imaxinación.

2.- LECTURA “LIBRO DE LAS TIERRAS VÍRGENES”: Agora que xa temos un lugar especial, porque non seguir coñecendo a historia de Mowgli? Propoñemosvos continuar cos seguintes dous capítulos. Estade ben atentos aos detalles, máis adiante desvelaremos porque é tan importante! Capítulos

Esperamos que nos escribades con un montón de comentarios para ver como avanza todo.

Un abrazo enooooorme da equipa de VVLL

 

Categorías: Manada | Deixar un comentario

Navegación de artigos

Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.