Artigos coa etiqueta: scouter

#GraciasScouter

De novo, con motivo do Día do Voluntariado na gran familia scout o celebramos agradecendo e dando a coñecer o servizo desinteresado e o traballo a todos os voluntarios e voluntarias da nosa organización.

Por iso, queremos dicir ben alto e claro ¡#‎GraciasScouter!

Por todas as horas dedicadas, polo voso esforzo e empeño, polo voso compromiso, pola vosa ilusión e creatividade, pola vosa simpatía e comprensión, e por tantas outras cousas…

E o dicimos pensando especialmente en todas esas persoas que prestaron un servizo colaborando como voluntarias co Grupo Scout Chan nestes xa 40 anos que o Grupo leva traballando para aportar novos valores á educación dos rapaces e rapazas, e para tratar de mellorar o noso entorno social e medioambiental.

Aquí podes atopar unha recopilación de mostras de agradecemento: http://scout.es/graciasscouter_2015/ e aquí o impacto nas redes sociais do #GraciasScouter

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

O Día do Scouter e visita do Director de Xuventude

ASDE – Scouts de Galicia celebrou o pasado domingo 25 de novembro a súa Asemblea Scout Xeral ordinaria, na que por suposto participaron representantes do noso Grupo Scout Chan.

Contouse coa visita do director xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, de cara a celebrar o Día do Scouter, promovido desde ASDE – Scouts de España.

O director xeral recibiu de mans do Presidente Scout Xeral, Javier Castro, e do Coordinador de Recursos Humanos, Iván Arceo, o cheque do voluntariado,(imaxe da dereita) para reflexar dun xeito simbólico o esforzo dos educadores de ASDE – Scouts de Galicia. Os 112 voluntarios que traballan hoxe coa federación suman, aproximadamente, 39.000 horas ao ano de traballo, o que aforra un gasto duns 160.000 euros.

Asimesmo aproveitouse a ocasión para agasallarlle co pano branco e azul que identifica a ASDE – Scouts de Galicia

O Director Xeral de Xuventude ensalzou a labor dos scouts, felicitándoos polo seu centenario. Destacou que se trata da organización xuvenil meirande do planeta con uns 30 millóns de membros.

Scouters de ASDE-Scouts de Galicia co Director Xeral de Xuventude

Máis iniciativas para celebrar o Dia do Scouter: http://www.scout.es/el-dia-del-scouter/

#graciasscouter

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

O Grupo Chan participa na construcción do presente e o futuro da Federación

O pasado domingo 20 de maio, representantes do Grupo Scout Chan 292 participaron das reunións dos dous órganos fundamentais da nosa Federación ASDE-Scouts de Galicia, xunto con representates dos outros Grupos Scouts galegos que a integran: a Asamblea Scout Xeral, onde se debatiron enmendas sobre os Estatutos e o no Regulamento RI; e no Consello Scout Xeral, no que os diferentes Grupos comparten as súas inquedanzas e realidades e onde ademáis se planificaron as accións a desenvolver nos vindeiros meses.

http://scoutsdegalicia.org/2012/05/22/asemblea-e-consello-de-asde-scouts-de-galicia-facendo-federacion/

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo, Kraal | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Xornadas de scouters: formación, avaliación e motivación

O pasado fin de semana, 21 e 22 de abril, as seccións educativas do Grupo non realizaron actividades porque os Scouters celebraron unhas Xornadas.

¿E iso que significa? Pois ben, a idea é aproveitar un fin de semana para que os educadores e educadoras do Grupo poidan adicar ese tempo para realizar actividades específicas dirixidas a eles mesmos.

Nesta ocasión as xornadas tiveron, por un lado, unha parte de formación, impartida desta volta por unha pedagoga moi cercana ao Grupo, Marisa, á cal aproveitamos para darlle unhas enormes grazas. O cursiño realizado tiña como obxectivo mellorar as capacidades dos scouters na súa labor educativa e voluntaria.

E pola outra banda, o Kraal de scouters tamén adicou tempo para reunirse para avaliar todo o realizado e traballado durante o segundo trimestre da ronda, tanto polas diferentes seccións como o Grupo en colectivo. Asimesmo se planificou o que vai ser o terceiro trimestre, do que se fixaron os últimos detalles.

Finalmente, como todas as Xornadas que levamos a cabo, cumpriron un obxectivo máis: motivarnos coma Scouters para afrontar con moita enerxía todos os retos que se achegan, para seguir traballando coa ilusión de construir un mundo mellor.

Categorías: Grupo, Kraal | Etiquetas: ,, | 2 Comentarios

Blog en WordPress.com.