O pasado fin de semana, 21 e 22 de abril, as seccións educativas do Grupo non realizaron actividades porque os Scouters celebraron unhas Xornadas.
¿E iso que significa? Pois ben, a idea é aproveitar un fin de semana para que os educadores e educadoras do Grupo poidan adicar ese tempo para realizar actividades específicas dirixidas a eles mesmos.
Nesta ocasión as xornadas tiveron, por un lado, unha parte de formación, impartida desta volta por unha pedagoga moi cercana ao Grupo, Marisa, á cal aproveitamos para darlle unhas enormes grazas. O cursiño realizado tiña como obxectivo mellorar as capacidades dos scouters na súa labor educativa e voluntaria.
E pola outra banda, o Kraal de scouters tamén adicou tempo para reunirse para avaliar todo o realizado e traballado durante o segundo trimestre da ronda, tanto polas diferentes seccións como o Grupo en colectivo. Asimesmo se planificou o que vai ser o terceiro trimestre, do que se fixaron os últimos detalles.
Finalmente, como todas as Xornadas que levamos a cabo, cumpriron un obxectivo máis: motivarnos coma Scouters para afrontar con moita enerxía todos os retos que se achegan, para seguir traballando coa ilusión de construir un mundo mellor.