Artigos coa etiqueta: participación

Roverway 2018

Este ano cinco membros do Clan Ahuwoora (Pedro, Raúl, Walter, Martín e Andrés) propuxéronse acudir á Roverway que se celebrará en Holanda o vindeiro verán.

Unha Rroverway é un gran campamento para mozos e mozas dos Clans de Rovers de toda Europa, organizado pola Rexión Scout Europea

Para iso realizaron distintos traballos como impartir clases particulares, arbitrar partidos oficiais de baloncesto, venda de rifas ou, mesmo, outras máis físicas como a adecuación de leiras rústicas.

Ademais diso han participada na organización, como a maioría das patrullas, na organización das actividades propostas desde a Federación de Escultismo en España (FEE). Para isto Andrés acudiu a un encontro en Madrid no cal se preparou o concurso de fotografía que se realizará alí.

Agora queda a mellor parte do traballo; ultimar os detalles e prepararse para acudir a un encontro de 4000 rovers de todas partes do mundo e gozar dunha GRAN EXPERIENCIA SCOUT

Máis información sobre a Roverway 2018 na súa páxina https://www.roverway2018.nl/en/ e tamén en https://scout.es/?s=roverway+2018

Resultado de imagen de Roverway 2018

Categorías: Clan | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

A proposta máis valorada nos Orzamentos Participativos do Concello, do Grupo Chan

Consideramos que o Grupo Scout constituímos un axente social activo da cidade de Compostela dende fai 40 anos, e queremos seguir participando da mellora do noso entorno en todos os ámbitos.
Neste sentido, e como novidade, presentamos varias iniciativas ao proceso de Orzamentos Participativos do Concello de Santiago: “A Mocidade Compostelá Decide”, proceso no que se abriu aos mozos e mozas a posibilidade de presentar, votar e elixir propostas.
A votación puido facerse de dous modos: nunha asemblea presencial que tivo lugar no CSC de Fontiñas o pasado venres 13 de novembro, ou a través de voto electrónico durante os tres días seguintes.
Con gran satisfacción vos anunciamos que a proposta que acadou un maior número de votos no reconto final foi unha iniciativa do noso Grupo Scout Chan, unha idea que partiu dos nosos rapaces e rapazas: Cine ao aire libre nos barrios do concello: proxeccións de filmes temáticos que fomenten o pensamento crítico e a educación en valores e encontros cinéfilos.
Tamén presentamos outras dúas iniciativas, Coñecemento e posta en valor dos rios da cidade cunha serie de accións, e Ruta a pé pola antiga vía de ferrocarril dende Compostela ata San Pedro de Busto, que finalmente acadaron os postos 31º e 32º, respectivamente.
Podedes consultar e descargar os resultados da votación neste enlace: http://www.santiagodecompostela.org/orzamentosparticipativos/resultados.php?lg=gal
Como xa sabedes, na proposta educativa do escultismo o fomento da participación e dos valores democráticos son un pilar fundamental, e no caso do concreto do Grupo Chan, é parte consustancial da nosa forma de programar as nosas accións. Por exemplo, ao comezo de ano se celebra unha Asamblea de Grupo na que todos os nenos, nenas e mozos presentan (e escollen entre todos) as súas propias propostas de actividades e proxectos que involucrarán a todo o Grupo no seu desenvolvemento.
 
 
 
 
.
Categorías: Grupo | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Arrincamos a nova ronda co Foro de Scouters

Esta fin de semana participamos no II Foro de Scouters de ASDE-Scouts de Galicia (#ForoScouters2014 en redes sociais)

participantes no Foro

Este II Foro de Scouters supuxo dúas xornadas cargadas de participación, de ilusión pola nova rolda, de espíritu de servizo e de vivencia do escultismo. Participamos uns 50 scouters dos Grupos 19 e Vasco da Ponte 636 de Ferrol; San Jorge 33 e Semente 597 da Coruña e do Chan por suposto.

Ademais tivemos o placer de contar coa presenza do Presidente Scout e a Secretaria Scout de ASDE-Scouts de España.

Pola nosa banda queremos agradecer a labor levada a cabo no Equipo Scout Xeral saínte polos membros do noso Grupo Chan: Pablo, Iván e Prisco. Asimesmo, felicitar e mostrar todo o noso apoio ao novo ESX, en especial a Nunu e Tania, scouters tamén do Chan 292.
Tamén houbo un momento para unha cerimonias de investidura de distintivos de formación e servizo ao escultismo. Pola banda do Grupo Chan felicitamos a Martín pola súa Insignia de Madeira, a Prisco pola súa IV Madeira e a Pablo por acadar o nivel de Formador de Formadores.

Por último, este Foro será lembrado por ser a ocasión no que a nosa federación fixo entrega por primeira vez dos nosos dous novos maiores recoñecementos ao Servizo prestado por voluntarios, sendo neste caso para dous Scouters do Grupo 19 de Ferrol. D. Juan Jesús Gil recibiu o estatus de “Socio de Honra” polos máis de 43 anos de Servizo como Scouter no seu Grupo; e D. Francisco Vázquez, recibiu o “Trisquel de Prata” máxima distinción da Federación polo seu Servizo no Grupo e en ASDE –  Scouts de Galicia durante máis de 35 anos.

Boa ruta e Sempre adiante!

10644207_832351753471356_287442512821629909_o 10679661_832351636804701_7580272400383140760_o

 

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Kraal | Etiquetas: , | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.