Artigos coa etiqueta: mocidade

A proposta máis valorada nos Orzamentos Participativos do Concello, do Grupo Chan

Consideramos que o Grupo Scout constituímos un axente social activo da cidade de Compostela dende fai 40 anos, e queremos seguir participando da mellora do noso entorno en todos os ámbitos.
Neste sentido, e como novidade, presentamos varias iniciativas ao proceso de Orzamentos Participativos do Concello de Santiago: “A Mocidade Compostelá Decide”, proceso no que se abriu aos mozos e mozas a posibilidade de presentar, votar e elixir propostas.
A votación puido facerse de dous modos: nunha asemblea presencial que tivo lugar no CSC de Fontiñas o pasado venres 13 de novembro, ou a través de voto electrónico durante os tres días seguintes.
Con gran satisfacción vos anunciamos que a proposta que acadou un maior número de votos no reconto final foi unha iniciativa do noso Grupo Scout Chan, unha idea que partiu dos nosos rapaces e rapazas: Cine ao aire libre nos barrios do concello: proxeccións de filmes temáticos que fomenten o pensamento crítico e a educación en valores e encontros cinéfilos.
Tamén presentamos outras dúas iniciativas, Coñecemento e posta en valor dos rios da cidade cunha serie de accións, e Ruta a pé pola antiga vía de ferrocarril dende Compostela ata San Pedro de Busto, que finalmente acadaron os postos 31º e 32º, respectivamente.
Podedes consultar e descargar os resultados da votación neste enlace: http://www.santiagodecompostela.org/orzamentosparticipativos/resultados.php?lg=gal
Como xa sabedes, na proposta educativa do escultismo o fomento da participación e dos valores democráticos son un pilar fundamental, e no caso do concreto do Grupo Chan, é parte consustancial da nosa forma de programar as nosas accións. Por exemplo, ao comezo de ano se celebra unha Asamblea de Grupo na que todos os nenos, nenas e mozos presentan (e escollen entre todos) as súas propias propostas de actividades e proxectos que involucrarán a todo o Grupo no seu desenvolvemento.
 
 
 
 
.
Advertisement
Categorías: Grupo | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.