Escultas de acampada preto dun castelo

A Unidade Esculta do Grupo Scout Chan decidiu pasar os primeiros días do ano de acampada, na tranquilidade dunha carballeira. Estivemos moi pretiño das torres de Altamira, non moi lonxe de Compostela.

A pesar do frío saíron uns raiños de sol que fixeron que unha vez máis os escultas voltaran a casa con ganas de máis acampada.

Naquelas datas tan sinaladas como son as festas do Nadal, qué mellor que deixar un ratiño para traballar sobre os dereitos humanos e o consumo responsable, non sen deixar un tempo para aprender algún que outro nó e quentarnos imaxinariamente cun obradoiro de lumes.

Non todas as horas transcorren aprendendo cousas, ás veces divertímonos con pequenas cousas que máis tarde convírtense en grandes recordos ¿Algunha vez quentáchedes un bote de nutella ó “baño maría”?

As mozas e mozos da Unidade Esculta puxéronse as botas con piña e chocolate!!non estaría mal convertir isto nunha tradición escultera!!

Este ano temos o obxectivo de coñecernos mellor, a nós mesmos e á Unidade en xeral para así poder traballar sobre o que realmente nos gusta e coñecer os intereses que nos moven, a pesar do frío, deixamos un momento da noite para compartir confidencias debaixo dun ceo cheo de estrelas.

Ás veces as cousas que facemos son máis doces co chocolate 🙂

Categorías: Unidade Esculta | Etiquetas: | 1 Comentario

Navegación de artigos

Unha reflexión sobre “Escultas de acampada preto dun castelo

  1. Pablo

    ¡Pero que guapérrimos e guapérrimas!. Ás veces as cousas máis sinxelas son as que nos realizan máis. ¿Para que complicarnos, verdade?

Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.