Unha das aventuras máis interesantes que che pode ofrecer o pertencer a un Grupo Scout é participar nunha actividade internacional, con rapaces e rapazas de distintas culturas e idiomas pero cos que compartimos uns mesmos valores e ideais scouts.
Este pasado verán tivo lugar en Francia a Roverway 2016 que acolleu durante 11 días a 5000 mozos e mozas Rover pertencentes a centos de Grupos Scouts de toda Europa.
Tivemos a gran sorte de que o noso Grupo estivo alí presente e moi representado pola nosa rover Laura que formou parte do continxente de mozos e mozas doutros Grupos de ASDE – Scouts de Galicia e o resto de ASDE Scouts de España
Aquí vos deixamos un video que vos conta cómo se organiza, cómo funciona e sobre todo cómo se vive dende dentro un campamento coma este. Estade atentos porque tamén aparece a nosa rover Laura (arredor do min 8:30) compartindo con todos nós as súas experiencias na Roverway:
Máis información: http://scout.es/asi-fue-la-rw2016/
Máis videos da Roverway 2016 : https://www.youtube.com/channel/UCcp4cNWoWBlx0rh_o8XfdOQ/videos
Máis historias e anécdotas da Roverway 2016: https://storify.com/roverway2016/5000-cultures-rw2016