O pasado sábado 19 de novembro se celebraron as VII Xornadas para Escultas de ASDE-Scouts de Galicia, en Ferrol, coa participación de 20 mozos e mozas pertencentes aos Grupos Scouts San Jorge 33 (A Coruña), Vasco da Ponte 636 (Ferrol), e Chan 292.
Nesta ocasión o tema elixido para as Xornadas se centrou nos Trastornos da Alimentación, e para iso se contou coa inestimable colaboración de Rquel, unha das educadoras sociais de ATALAlA SOCIAL, que levou a cabo unha actividade que xirou sobre aspectos tan importantes e vixentes hoxe en día como a imaxe persoal, a presión de grupo, os estereotipos, etc.
A xornada de convivencia se prolongou á tarde cun paseo e unha serie de xogos, para finalmente culminar cunha dinámica na que os rapaces e rapazas analizaron e resumiron todo o traballado durante o día, para poder transmitilo a outros mozos e mozas dende a súa propia visión e perspectiva.
E un ano máis, as Xornadas foron posibles gracias ao esforzo e participación de todos e todas.
Velaquí vos deixamos a testemuña dun membro da nosa Unidade Esculta:
“Este sábado foron as Xornadas de Escultas en Ferrol, onde nos xuntamos varios Grupos Scouts de Galicia e realizamos actividades xuntos. Este ano falamos sobre os trastornos alimenticios e estivo moi ben explicado e foi entretido. Tamén xogamos nun parque moi bonito, o pasamos moi bien e nos reímos moito. Encantoume todo o que fixemos e estar cos rapaces de outros grupos, xa que fixen novos amigos e vin a amigos de tempo atrás. ¡Foi un día incríble!”