Artigos coa etiqueta: voluntariado

#ScoutSiempre Día do Pensamento Scout

Hoxe, 22 de febreiro, no que sería o cumpreanos de Baden-Powell, fundador do escultismo, os e as scouts de todo o mundo estamos de celebración, con motivo do “Día do Fundador” (Founder´s Day) e do “Día Mundial do Pensamento” (World Thinking Day). 40 millóns de scouts en todo o mundo reflexionamos este día sobre a nosa pertenza a un movemento que irmanda a tantos países e culturas diferentes, achegando a súa visión particular do que é o Escultismo e reflexionando sobre a súa mensaxe.

ScoutSiempre.png

Queremos visibilizar nas redes sociais por que somos scouts mediante o hashtag #ScoutSiempre, sendo este día unha oportunidade para mostrar ao mundo o noso labor scout, a nosa maneira de vivir e sentir o Escultismo e a nosa elección persoal neste modo de vida.

Durante este fin de semana fixéronse varios actos en diferentes lugares de toda España. De feito varias cidades (comezando por Madrid e varias das súas Xuntas de Distrito) súmanse á celebración deste día colgando dos seus balcóns a bandeira scout e realizado actividades reivindicando os valores que defende o escultismo.

E lembrade, Scout un día, Scout toda a vida.

Advertisements
Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo, Uncategorized | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

¡Comeza o XL aniversario do Grupo Scout Chan 292!

IMG_1234O pasado sábado organizamos un pequeno acto para inaugurar formalmente as celebracións do XL aniversario do noso Grupo Scout Chan 292. Foi un acto breve e sinxelo pero emocionante e cheo de ganas de celebrar este importante cumpreanos como todos e todas merecemos. Contouse coa participación dos rapaces e rapazas e scouters de todas as seccións do Grupo, con pais, nais e familiares, e tamén con persoas que formaron parte desa longa historia que vai percorrendo o Grupo Chan na súa andaina polo escultismo.

No acto se presentaron algunhas pinceladas das actividades que se están a preparar dende unha Comisión de voluntarios e voluntarias (scouters do Kraal, scouters de apoio, pais e antigos membros do Grupo) con moita ilusión.

Xa vos iremos desvelando máis pouco a pouco, pero de momento como aperitivo vos podemos comentar que o programa de celebracións se artella sobre catro eixos fundamentais, algúns cunha vertente máis pública ou institucional, e outros más enfocados de cara aos centos de persoas (tratade de imaxinar canta xente pasa por un grupo coma o noso en catro décadas)  que formamos a gran familia do Grupo Scout Chan 292:

  1. “40 anos educando en liberdade en Santiago” –Exposición multimedia e recopilación dun Arquivo Histórico
  2. “40 anos en ruta” –Ruta por algun tramo do Camiño de Santiago, recepción e Gran Verbena
  3. “40 anos de ledicia” –Recopilación de cancións de Grupo
  4. “40 anos de celebracións” –Gran Cea

E velaquí tedes o logotipo que nos acompañará todo este ano de celebración, ¡esperamos que vos guste tanto como a nós!:

Logo40aniversarioEn palabras da Coordinadora do Grupo: “Hoxe presentamos un logo que pretende ser moito máis que unha imaxe. Quere ser o scout que, dunha ou outra forma, todos fomos e somos na sociedade. Quere ser o mencer nun día frío de inverno en plena acampada, e o atardecer nos días de campamento. Quere ser nosa flor de lis, a Lei Scout e o noso lema. Este logo quere ser tamén a fotografía de cada un de vós e a de todos os nenos, nenas e adultos que descubrirán o escultismo como forma de vida e ao Grupo Scout Chan como a súa segunda familia.”

Aínda que as interpretacións poden ser persoais, vos compartimos unha explicación do simbolismo desta imaxe:

O logo representa un número “40”, que está formado pola silueta dun “4” unido ao que representa a metade dereita dunha flor de lis. O catro simboliza a silueta dunha persoa (scout), e o cero sería a súa mochila, que están unidos pola pañoleta do noso grupo. O conxunto simbolizaría a un scout en plena ruta á luz do mencer, ou do atardecer (baixo a lux do sol, en definitiva).

A pañoleta rodeando á silueta scout e á mochila é un pouco a unión que nos une ás persoas que estamos e estiveron no grupo e o nó ao rededor é a fraternidade scout.

En canto ás cores, o amarelo é cor do sol, dos días de campamento, de reunións, como esas tardes de rutas. O morado é a cor polo que representa aos scouts en todo o mundo, e o granate nos lembra a cor da bandeira de Santiago de Compostela, a nosa cidade, o entorno social e medioambiental que levamos 40 anos tratando de mellorar. Finalmente o tono gris podería representar todas as noites de acampada ao aire libre, e o ceo que máis frecuentemente nos cubre en todas as saídas que os rapaces e rapazas do Grupo levan realizando dende fai 40 anos.

Categorías: Clan, Grupo, Kraal, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: ,,,,,, | Deixar un comentario

#GraciasScouter

De novo, con motivo do Día do Voluntariado na gran familia scout o celebramos agradecendo e dando a coñecer o servizo desinteresado e o traballo a todos os voluntarios e voluntarias da nosa organización.

Por iso, queremos dicir ben alto e claro ¡#‎GraciasScouter!

Por todas as horas dedicadas, polo voso esforzo e empeño, polo voso compromiso, pola vosa ilusión e creatividade, pola vosa simpatía e comprensión, e por tantas outras cousas…

E o dicimos pensando especialmente en todas esas persoas que prestaron un servizo colaborando como voluntarias co Grupo Scout Chan nestes xa 40 anos que o Grupo leva traballando para aportar novos valores á educación dos rapaces e rapazas, e para tratar de mellorar o noso entorno social e medioambiental.

Aquí podes atopar unha recopilación de mostras de agradecemento: http://scout.es/graciasscouter_2015/ e aquí o impacto nas redes sociais do #GraciasScouter

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Unha Asamblea Scout moi especial

Os días 21 e 22 de novembro celebrouse en Guadarrama (Madrid) a Asamblea Scout, máximo órgano de participación e decisión de ASDE Scouts de España, Tamén tiveron lugar outros eventos como a final do Festival de Cortos e de Fotos Scouts, o 9º Foro Rover e a entrega de 3 Medallas ao Mérito Scout.

A nosa representación na Asamblea Scout

A representación de ASDE-Scouts de Galicia na Asamblea Scout -de esquerda a dereita-: Prisco e Pablo, (ambos do GS Chan 292) e Toni (GS Vasco da Ponte 636)

No marco da Asamblea, ademais de diversos temas de debate e traballo de importancia, o asunto sen dúbida máis relevante o constituían as eleccións ao novo Equipo Scout (órgano de voluntarios e voluntarias que asume a función de coordinar a federación).

Estamos moi, moi felices e orgullosos do noso compañeiro Pablo Álvarez, un dos voluntarios do noso Grupo Scout Chan, quen formará parte do Equipo Scout, como membro da candidatura más ASDE que resultou elixida. Pablo asume o cargo de Coordinador de Voluntariado e Formación. É a primeira vez na historia que un membro do Grupo Scout Chan entra a formar parte dun Equipo Scout (e a segunda que o fai unha persoa da nosa federación ASDE – Scouts de Galicia)

¡Noraboa Pablo! Conta co noso total apoio neste novo reto. Sempre adiante

Pablo Álvarez, novo Coordinador de Voluntariado e Formación

Pablo Álvarez, sendo investido como membro do Equipo Scout

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.