Artigos coa etiqueta: tropa

Scouts do Grupo Chan participan no Camporee 2012

Os tropeiros do Grupo Scout Chan participaron no Camporee celebrado nos pasados días 31 de marzo e 1 e 2 de abril no Campamento xuvenil de A Espiñeira (Boiro) baixo a organización de ASDE-Scouts de Galicia.

Os rapaces do Chan puideron compartir tres días de xogos, actividades e escultismo ó aire libre con rapaces de outros Grupos galegos da nosa Federación, como son o Grupo 19 e o Vasco da Ponte (ambolos dous de Ferrol) e o 33 San Jorge (A Coruña).

Os temas educativos principais do Camporee foron a concienciación da importancia da preservación do medioambiente e o aprendizaxe de técnicas de campismo e orientación, pero tamén se traballou sobre cuestións como a tolerancia e a convivencia e o mutuo respeto ou o desenvolvemento de hábitos de vida saudables.

A actividade foi un éxito e os tropeiros participantes despedíronse pensando xa na seguinte actividade onde volverán a poder convivir e compartir experiencias con scouts doutros grupos scouts galegos.

Advertisement
Categorías: Tropa Scout | Etiquetas: ,,, | 1 Comentario

Reformas no local de Busto

Presentamos un exemplo máis de cómo o scout non coñece mellor forma de acadar as súas metas que facer as cousas por si mesmo, con traballo e ilusión:

A Manada no seu remozado "cubil"

“O pasado sábado (24 marzo) tocou traballar a fondo. Tanto a Manada coma a Tropa comezamos sendos traballos de reforma nos nosos respectivos locais de Busto.

A Manada pintamos e redecoramos por completo o noso Cubil, ademais de dotalo de novos mobles.

A Tropa comezamos a realizar a nosa Aventura, que durará probablemente ata preto do campamento de verán. Este sábado tocou rascar parte da parede e lixar as sillas e máis a porta, para poder empezar a pintar á volta da Semana Santa.

A Tropa traballando con alegría

Lobatos e Tropeiros rematamos o día moi cansos, pero moi satisfeitos polo bo ambiente e polo bo traballo realizado. Esperamos rematalos pronto para que os poidades visitar e nos digades que vos parecen.”

Os tropeiros traballando no seu recuncho

Categorías: Manada, Tropa Scout | Etiquetas: ,,,,,, | 2 Comentarios

¡Comezan os ensaios!

¡Atención lobatos, tropeiros, escultas, rovers e tódalas familias!

A partir deste sábado 4 de febreiro van a comezar os ensaios para preparar a actuación do Grupo Chan no que será o XXXII Festival Scout Galego, que se celebrará en A Coruña a mediados do vindeiro mes de marzo.

Por defecto, e salvo que algún día se indique algo diferente, os ensaios se desenvolverán os sábados de 18:00 a 19:00 no local de Vista Alegre.

E para ir poñéndoos en situación, velaquí tedes unha grabación da actuación do pasado Festival Scout Galego de 2011:

Preme AQUÍ para poder ver o video

Categorías: Clan, Grupo, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: ,,,,,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.