O pasado sábado 5 de maio a Unidade Esculta instalou un pequeno posto na xa tradicional Feira de Primavera do compostelán barrio de San Pedro.
Alí os escultas puxeron á venda doces, roupa de segunda man, pulseiras, pendentes, abalorios, chaveiros, e unha morea de cousas máis… incluíndo por suposto as súas fantásticas sudadeiras.
O obxectivo era recadar fondos para financiar o seu proxecto deste ano, participar no Campamento Federal de Escultas de ASDE-Scouts de España.
A Unidade Esculta contounos que tiveron un éxito rotundo, e queren dar as grazas a todos aqueles que vos pasastes polo seu posto xa que de algunha maneira axudastes a que o seu soño cada vez estea máis preto.
Aos que non puidestes pasar non vos preocupedes porque volverán a estar en San Pedro na feira que se organizará nas festas deste barrio o próximo 30 de xuño. ¡Irémosvos informando!
Lembrade que podedes estar ó día das actividades da Esculta no seu blog.
E lembra tamén que aínda estás a tempo de conquerir a túa sudadeira. Só tes que enviar un e-mail a equipoue@yahoo.es indicando o teu nome, talla e número de teléfono.
¡Xa quedan poucas!