Xa podedes ler na páxina web de ASDE-Scouts de Galicia a entrevista que lle fixeron a Valle, rover do noso Grupo Scout Chan 292.
Nos fala de cousas moi importantes para os scouts e o fai dende un punto de vista moi interesante. ¡Non deixes de botarlle unha ollada!
A anécdota é que é unha das poucas persoas que puido desfrutar da experiencia de estar nos Castores*
Por certo, aproveitamos para compartir esta simpática foto na que podemos ver a varios dos Rovers do Clan Tulumanya animando ó Grupo Scout 19 de Ferrol, que representou a Galicia no Festival Scout Federal celebrado en Zaragoza fai unhas semanas…
*Os Castores son unha rama ou sección educativa previa á de Manada que no Grupo Chan só tivemos aberta en dúas ocasións e con carácter excepcional, durante uns poucos días do Campamentosde verán do ano 2000 e despois durante a rolda solar 2000-2001.