Artigos coa etiqueta: servizo

¡Colaboramos co Reto Quimions!

A Manada disposta a recortar os deseños de novos Quimions¿Coñecedes o reto Quimions? Pois volo explicamos: se trata dunha iniciativa totalmente altruista que busca dotar dun pouco de maxia e alegría aos servizos hospitalarios de pediatría, en especial aos de oncoloxía. O proxecto consiste en elaborar “Quimions“, que son unhas fundas reutilizables para as bolsas de sueros e medicamentos que se administran por vía intravenosa. Estas fundas terán motivos alegres, fundamentalmente personaxes das series e películas infantís preferidas dos rapaces. Todas as seccións do Grupo Scout Chan están colaborando neste proxecto, de modo que poderemos entregar unha boa pila de fundas elaboradas polos nosos nen@s e moz@s ‪#‎retoQuimions‬

Tedes toda a información na páxina web da iniciativa: http://www.retoquimions.org/index.html

 

Vos deixamos tamén unhas fotos da Manada elaborando os seus Quimions na reunión do sábado pasado en Busto.

A Manada cos seus patróns de Quimions

Categorías: Clan, Grupo, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

#GraciasScouter

De novo, con motivo do Día do Voluntariado na gran familia scout o celebramos agradecendo e dando a coñecer o servizo desinteresado e o traballo a todos os voluntarios e voluntarias da nosa organización.

Por iso, queremos dicir ben alto e claro ¡#‎GraciasScouter!

Por todas as horas dedicadas, polo voso esforzo e empeño, polo voso compromiso, pola vosa ilusión e creatividade, pola vosa simpatía e comprensión, e por tantas outras cousas…

E o dicimos pensando especialmente en todas esas persoas que prestaron un servizo colaborando como voluntarias co Grupo Scout Chan nestes xa 40 anos que o Grupo leva traballando para aportar novos valores á educación dos rapaces e rapazas, e para tratar de mellorar o noso entorno social e medioambiental.

Aquí podes atopar unha recopilación de mostras de agradecemento: http://scout.es/graciasscouter_2015/ e aquí o impacto nas redes sociais do #GraciasScouter

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

¿Sabes canto tempo tarda en desaparecer o lixo que se tira no campo?

¿Sabes canto tempo tarda en desaparecer o lixo que tiras no campo?

SOSPedriza_basuraCompartimos con tod@s vós unha nota que nos parece moi interesante. Trátase dun documento que nos fai reflexionar sobre o tempo real que tarda a Natureza en asimilar o lixo que deberiamos meter nunha bolsa e levar o contenedor axeitado.

 

Este pequeno documento foi repartido pola plataforma SOS Pedriza e compartido por redes sociais por milleiros de persoas.

S.O.S. Pedriza és unha plataforma de voluntarios que quere promover e reclamar o coidado e limpeza dunha zona (La Pedriza) do novo Parque Nacional da Serra de Guadarrama, que cada fin de semana se enche de turistas e, tamén, de lixo.

#‎MonteGalegoLimpo‬ ‪#‎NaturezaSenLixo‬ ‪#‎ConstruirUnMundoMellor‬

Fonte: VERNE, diario El País

Categorías: Uncategorized | Etiquetas: , | Deixar un comentario

¡Temos visita no Campamento!

No #‎CampamentoScout‬ ‪#‎Fao2015‬ recibimos a alegre visita dun grupo de residentes da SARquavitae de San Lázaro, unha actividade de ‪#‎servizo‬ da Manada que xa se está consolidando nos últimos tempos

¡Ata o próximo campamento!

????????????????????????????????????

Aquí vos deixamos a ligazón ao artigo no que comparten a súa experiencia na páxina web de SAR Quavitae

Categorías: Grupo, Manada | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.