Artigos coa etiqueta: servicio

O Grupo Chan, un ano máis colaborando co Día Autonómico do Minibásquet

Algúns dos Escultas, Rovers e Scouters que colaboraron no Día do Minibásquet

O pasado sábado celebrouse en Santiago a IX edición do Día Autonómico do Minibásquet. Nesta ocasión foron 1.400 os rapces chegados de toda Galicia para participar nesta xornada deportiva organizada polo Grupo Correo Gallego en colaboración con outras entidades. Unha xornada de básquet, competitividade sana e convivencia, onde os escultas e rovers do Grupo Chan, coma en tódalas edicións anteriores deste evento, colaboraron levando a cabo a importantísima tarefa da xestión loxística dos alimentos e bebidas que a organización pon a disposición dos participantes (almorzo, comida, merenda e refrixerios) así como na preparación e entrega dos premios e recordos.

Un exemplo máis da implicación e do compromiso dos scouts do Chan en tratar de servir á súa cidade e á sociedade compostelá dun xeito altruista e voluntario.

Podedes ver ós scouts traballando noutras imaxes do evento na galería de fotos do evento na web do diario El Correo Gallego

Advertisements
Categorías: Clan, Grupo, Unidade Esculta | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

O Grupo Chan colabora na Pegada Scout

Tal e como viñamos comentando nesta páxina e nas redes sociais, o sábado pasado o Grupo Scout Chan participou nas tarefas de servizo medioambiental levadas a cabo por ASDE-Scouts de Galicia no proxecto Pegada Scout.

O plan de traballo incluía, entre outras accións, a limpeza dun área recreativa, o arranxo da sinalización do roteiro PR97 e a prantación de varios exemplares de especies árboreas autóctonas. Todo isto no marco do Lugar de Importancia Comunitaria de Abegondo-Cecebre, que forma parte da Rede Natura 2000 e poucos días antes do Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño).

Dous scouters do Grupo Chan, Pablo e Prisco (de dereita a esq.) conversan co Director Xeral de Xuventude (centro) e o Alcalde de Abegondo (esq.)

O proxecto foi realizado coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude de Galicia e o Concello de Abegondo.

Nesta importante actividade participaron tamén os Grupos 19 e Vasco da Ponte (Ferrol), San Jorge e Semente (A Coruña)

A Pegada Scout (Huella Scout) forma parte do programa de actividades e eventos que estamos a desenvolver este ano 2012 para conmemorar o 100º aniversario da creación dos scouts en Galicia e España

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,,,,,,, | Deixar un comentario

Chocolatada Solidaria de Nadal

¿QUÉ VAS FACER O VINDEIRO SÁBADO? ¿QUERES UNHA PROPOSTA DIVERTIDA E SOLIDARIA? ¡¡VÉN Á “CHOCOLATADA SOLIDARIA” ORGANIZADA POLO GRUPO SCOUT CHAN!!

O sábado 17, nas pistas deportivas do parque de San Xoán (Vista Alegre), o Grupo Scout Chan organiza:
* a partir das 16:30, xogos e actividades abertas para tódolos rapaces de 8 a 20 anos que se queiran achegar
* ás 18:00 servirase DE BALDE chocolate quente recén feito para todo o mundo (rapaces, veciños, amigos, familias do grupo, antigos membros, etc.)
* organízase unha recollida de roupa e de alimentos non perecedeiros con fins benéficos e caritativos, todo será levado a xente que de verdade o necesita

XA O SABES. O SÁBADO ACHÉGATE Á CHOCOLATADA, PARTICIPA NOS XOGOS, COLABORA DOANDO ROUPA QUE NON USES E ALIMENTOS NON PERECEDEIROS E DESFRUTA DUN CHOCOLATE QUENTIÑO EN BOA COMPAÑÍA

Categorías: Grupo | Etiquetas: ,,,, | 2 Comentarios

Blog en WordPress.com.