Artigos coa etiqueta: scouts de galicia

Video de presentación de ASDE-Scouts de Galicia

Por fin podes ver a versión completa do video de presentación de ASDE-Scouts de Galicia, do que vos deixamos un breve anticipo a semana pasada.

No video tratamos de facer un breve e sinxelo resumodos obxectivos do escultismo en xeral e da nosa federación en particular, así como da metodoloxía educativa que seguimos e as nosas actividades. Foi grabado no transcurso do Festival Scout Galego celebrado en Santiago así como nun Camporee.

O video, que é unha producción realizada pola asociación audiovisual Película Invertida, aínda leva pouco tempo en exposición pública pero está tendo unha moi boa acollida. Esperamos que vos guste e pedimos a vosa axuda e colaboración para darlle a maior difusión posible.

Queremos que nos coñeza todo o mundo, rapaces, nais, pais, familias, institucións, organizacións e posibles voluntarios

Queremos que todo mundo poida entender un pouco mellor qué somos os SCOUTS, qué é o que facemos e por qué o facemos.

¡Compárteo!

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Gran estrea do video de ASDE-Scouts de Galicia

ASDE-Scouts de Galicia, na que está integrado o noso Grupo Scout Chan, lanza un video institucional para darse a coñecer.

Queremos que nos coñeza todo o mundo, rapaces, nais, pais, familias, institucións, organizacións e posibles voluntarios…

Queremos que todo mundo poida entender un pouco mellor qué somos os SCOUTS, qué é o que facemos e por qué o facemos.

Aquí podes ver un pequeno avance do video

Esperamos que vos guste e os pedimos que nos axudedes a darlle a maior difusión posible

¡Compárteo!

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,,,, | 1 Comentario

Flashmob polo inicio do Centenario Scout

O pasado sábado 21 de xaneiro o Grupo Scout Chan 292 uniuse ás celebracións que se desenvolveron ese mesmo día por toda España para festexar o comezo do presenta ano 2012, o ano no que os scouts cumprimos o noso primeiro centenario de existencia en Galicia e no resto do estado.

Os rapaces e os educadores do Grupo apareceron súbitamente realizando danzas por distintas rúas do centro da cidade de Santiago de Compostela, para converxer finalmente na Praza Roxa. Alí estaban agardando as familias do Grupo xunto con antigos membros do Chan e do Ashanti, irmáns scouts doutros Grupos e outros amigos e colaboradores, para unirse tamén á festa e ás danzas.

Os membros do Grupo Chan formaron no centro da Praza a palabra “Scout” e despois leuse o Manifesto do Centenario.

A continuación tres lobatos sopraron unhas velas que simbolizaban o noso 100º cumpreanos e como colofón final todo o mundo lanzou ó aire a súa pañoleta scout.

¡Moitísimas grazas a todos os que pudíchedes achegarvos ó evento!

A flashmob do Grupo Chan tivo repercusión en diferentes medios de comunicación, por exemplo nas edicións do domingo 22 nos diarios La Voz de Galicia e El Correo Gallego (preme nas ligazóns para poder ver os artigos).

Esta actividade realizouse de forma simultánea a outras dúas realizadas en Ferrol e A Coruña por outros Grupos de ASDE-Scouts de Galicia, que tamén tiveron a súa correspondente repercusión mediática.

En moitas outras localidades celebráronse actos moi similares, a gran familia scout de ASDE-Scouts de España celebra esta importantísima data. Aquí tedes unha referencia.

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

¡¡Ven este sábado a celebrar o Centenario Scout!!

¡¡NON TE ESQUENZAS!!

O vindeiro sábado 21 de xaneiro pola mañá vanse organizar actos e actividades en infinidade de cidades en toda España para celebrar o comezo deste ano 2012, o ano en que os Scouts cumprimos ¡100 anos! en Galicia e no resto do estado.

En Galicia realizaranse eventos simultáneamente nas cidades de Ferrol, A Coruña e Santiago.

En concreto en Compostela, O Grupo 292 Chan imos realizar unha flashmob: os rapaces e scouters do grupo van a aparecer de súpeto (e poñéndose a súa pañoleta scout) realizando danzas por distintas rúas do Ensache, uníndose en grupos cada vez máis grandes, ata converxer na céntrica Praza Roxa.

Alí estarán agardando, disimulando, familiares, scouters de apoio, antigos membros, colaboradores, amigos do Grupo Chan en xeral, etc. coas nosas pañoletas agochadas.
Finalmente nos xuntaremos todos para celebrar o noso centenario,formando a palabra SCOUT.

 

Xa se enviaron as follas de ruta e toda a información por correo electrónico.

Se non o recibiches ou necesitas máis información, ponte en contacto con nós.

IMPORTANTÍSIMO: PAÑOLETA E UNIFORME!!

PUNTOS E HORAS DE ENCONTRO:

Rapaces do Grupo: 10:45 nas “Marías” (Alameda)

Tódolos demáis: na Praza Roxa ás 11:15

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.