Artigos coa etiqueta: scout

Día do Pensamento Scout

Hoxe, 22 de febreiro, os Scouts de todo o mundo celebramos o Día Mundial do Pensamento Scout. que vén a conmemorar o aniversario do nacemento de Baden Powell, o fundador do noso Movemento Scout, o movemento xuvenil e de educación e voluntariado máis importante do mundo.

Hoxe os scouts de todo o mundo debemos ter máis presente aínda o noso compromiso cun modo de vida adicado ó servizo aos demáis e a traballar por construir un mundo mellor.

 Para celebralo, queremos propoñerte dúas iniciativas:

 – Ponte o teu pano scout en público nalgun momento do día. Para mostrar o teu orgullo de ser scout e/ ou o teu apoio ó movemento xuvenil educativo máis importante e extendido do mundo

 – Dende a Organización Mundial invítannos a todos os scouts de todo o mundo que empreguemos algunha rede social a poñer o teu pano scout na imaxe de perfil durante o día de hoxe.

¡Feliz Día do Pensamento Scout

¡Comparte e difunde!

Aqui vos deixamos un video difundido pola OMMS:

Advertisements
Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Clan, Grupo, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: , | 1 Comentario

Actividades Sábado 11 febreiro

Esta fin de semana a Escola de Tempo de Lecer da nosa Federación ASDE-Scouts de Galicia, a Escola Scout Insignia de Madeira (ESIM) imparte módulos do curso de Monitor de Actividades de Tempo de Lecer (Nó Gilwell) e do curso de Director de Actividades de Tempo de Lecer (Insignia de Madeira). A ambos cursos asistirán como alumnos varios dos scouters do Grupo Chan, e ademáis outros acoderán como equipo de apoio.

Por este motivo tanto a Tropa como a Unidade Esculta non terán actividade este fin de semana.

A Manada que terá actividade:  reunión no local de Vista Alegre, de 16:30 a 18:30

O Clan, pola súa banda terá actividades en Equipos.

A labor do scouter esixe unha formación continuada, e isto permite que fagamos un escultismo e unha educación de maior calidade.

 

Nó Gilwell

Insignia de Madeira

Categorías: Clan, Grupo, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: ,,,,,, | Deixar un comentario

Gran estrea do video de ASDE-Scouts de Galicia

ASDE-Scouts de Galicia, na que está integrado o noso Grupo Scout Chan, lanza un video institucional para darse a coñecer.

Queremos que nos coñeza todo o mundo, rapaces, nais, pais, familias, institucións, organizacións e posibles voluntarios…

Queremos que todo mundo poida entender un pouco mellor qué somos os SCOUTS, qué é o que facemos e por qué o facemos.

Aquí podes ver un pequeno avance do video

Esperamos que vos guste e os pedimos que nos axudedes a darlle a maior difusión posible

¡Compárteo!

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,,,, | 1 Comentario

Flashmob polo inicio do Centenario Scout

O pasado sábado 21 de xaneiro o Grupo Scout Chan 292 uniuse ás celebracións que se desenvolveron ese mesmo día por toda España para festexar o comezo do presenta ano 2012, o ano no que os scouts cumprimos o noso primeiro centenario de existencia en Galicia e no resto do estado.

Os rapaces e os educadores do Grupo apareceron súbitamente realizando danzas por distintas rúas do centro da cidade de Santiago de Compostela, para converxer finalmente na Praza Roxa. Alí estaban agardando as familias do Grupo xunto con antigos membros do Chan e do Ashanti, irmáns scouts doutros Grupos e outros amigos e colaboradores, para unirse tamén á festa e ás danzas.

Os membros do Grupo Chan formaron no centro da Praza a palabra “Scout” e despois leuse o Manifesto do Centenario.

A continuación tres lobatos sopraron unhas velas que simbolizaban o noso 100º cumpreanos e como colofón final todo o mundo lanzou ó aire a súa pañoleta scout.

¡Moitísimas grazas a todos os que pudíchedes achegarvos ó evento!

A flashmob do Grupo Chan tivo repercusión en diferentes medios de comunicación, por exemplo nas edicións do domingo 22 nos diarios La Voz de Galicia e El Correo Gallego (preme nas ligazóns para poder ver os artigos).

Esta actividade realizouse de forma simultánea a outras dúas realizadas en Ferrol e A Coruña por outros Grupos de ASDE-Scouts de Galicia, que tamén tiveron a súa correspondente repercusión mediática.

En moitas outras localidades celebráronse actos moi similares, a gran familia scout de ASDE-Scouts de España celebra esta importantísima data. Aquí tedes unha referencia.

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,,,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.