Artigos coa etiqueta: san xurxo

23 de abril, San Xurxo

Hoxe 23 de abril é unha data moi sinalada para os scouts, xa que celebramos o día do noso patrón San Xurxo (en castelán San Jorge).

Un día para ter especialmente presente o espírito de servizo aos demáis que debe caracterizar a un scout.

¡Parabéns para todos os scouts e sigamos traballando por construir un mundo mellor!

Premendo nesta ligazón tedes máis información sobre como se festexa este día por scouts doutras partes do mundo.

Pero hoxe tamén se celebra o Día do Libro, porque ler é unha actividade fundamental para poder aprendercousas novas, aprender novas linguas, coñecer lugares lonxanos e deixar voar a imaxinación…

O Día do Libro vai ser conmemorado no nosa cidade de Santiago con diversas actividades, aquí tedes máis información.

Advertisement
Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: , | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.