Rovers do Clan Poole do noso Grupo participaron xunto a outros mozos e mozas Rovers doutros Grupos Scouts de ASDE-Scouts de Galicia na #RutaRover2014 que se celebrou durante a pasada Semana Santa.
Nesta ocasión esta actividade programada e preparada polos propios rovers percorreu un tramo da costa lucense, de xeito que os participantes puideron desfrutar dalgunhas paraxes espectaculares como por exemplo a denominada praia das Catedrais, preto de Ribadeo, como se pode ver na seguinte fotografía na que aparece a representación do GS Chan nesta Ruta Rover:
Ademáis de cubrir unha serie de etapas en ruta a pé, se desenvolveron varias accións de servizo, tanto de carácter medioambiental como social, para facer bó o lema dos Rovers: “servir” xa que a súa principal inquedanza, aparte de mellorar nas súas distintas facetas como persoas e cidadáns comprometidos, é tratar de facer todo o posible por mellorar as condicións do seu entorno
Podedes atopar máis información e máis fotos da #RutaRover2014 na páxina web de ASDE-Scouts de Galicia:
http://scoutsdegalicia.org/2014/04/30/a-ruta-rover-percorreu-a-costa-lucense/