Artigos coa etiqueta: rover

«É impresionante o que aprendes dos demáis e de ti mesma nos scouts»

Xa podedes ler na páxina web de ASDE-Scouts de Galicia a entrevista que lle fixeron a Valle, rover do noso Grupo Scout Chan 292.

Nos fala de cousas moi importantes para os scouts e o fai dende un punto de vista moi interesante. ¡Non deixes de botarlle unha ollada!

A anécdota é que  é unha das poucas persoas que puido desfrutar da experiencia de estar nos Castores*

Por certo, aproveitamos para compartir esta simpática foto na que podemos ver a varios dos Rovers do Clan Tulumanya animando ó Grupo Scout 19 de Ferrol, que representou a Galicia no Festival Scout Federal celebrado en Zaragoza fai unhas semanas…

*Os Castores son unha rama ou sección educativa previa á de Manada que no Grupo Chan só tivemos aberta en dúas ocasións e con carácter excepcional, durante uns poucos días do Campamentosde verán do ano 2000 e  despois durante a rolda solar 2000-2001.

Advertisements
Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Clan, Grupo | Etiquetas: ,,,, | 1 Comentario

¡Os rovers fan rápel!

O Clan de rovers Tulumanya quixo probar emocións fortes e para iso foron o pasado sábado a practicar rápel.

Eles mesmos nos deixan a súa persoal crónica da experiencia e nos deixan unha curiosa foto:

Un intre longo tras saír o sol, puxéronse en pé. Colleron forzas e aterraron no pescozo de cada un deles. Desde as alturas, colleron un bus até Carcacia (Padrón) e esperaron con ansia á furgoneta que lles levaría ao momento clave. Ao salto ao baleiro, ao desprendemento de adrenalina. Rodeando o pescozo de cada un deles/as, aprenderon como se colocarían un arnés, como se deslizaría sobre quen estaban aos poucos, baixando tras unha parede que parecía o mesmo Amazonas, ou algo menos postos a ser sinceros. Sentiron como se aceleraba o corazón mentres se descolgaban pola primeira das varandas cara ao chan. Pero foi no último escenario onde realmente púxoselles a proba. Sobre un rápido Ulla que escapaba ao contraxeito baixo unha alta ponte, rodeado de espesa vexetación, colocáronse en fila para sentir o voar dun paxaro. Unha a unha, foron vendo como as medidas de protección eran suficientes para lanzarse pola ponte deslizándose sobre a corda até tocar terra firme.

Así foi como, varias das pañoletas dos rovers do grupo Scout Chan aprenderon a facer rapel de parede e rapel voado o pasado sábado 12 de maio.

Unha experiencia das de respirar profundo antes de mirar abaixo, pero que vale a pena tentar.

No blog do Clan poderedes ver máis fotos desta interesantísima actividade, así como estar ó día das inquedanzas e dos proxectos do Clan.

A dirección é http://milnovecientosiete.blogspot.com.es/

Categorías: Clan | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

¿Aínda non coñeces o blog do Clan?

Os Rovers do Clan Tulumanya queren subirse ó carro das novas tecnoloxías da información e da comunicación e para iso decidiron este ano crear un blog.

¿Para que? Para crear un espazo propio na gran rede de redes, un espazo no que non só poden compartir en rede entre os propios rovers as súas actividades e as súas fotografías, senón que sobre todo sería un espazo onde poidan contarnos cales son as súas inquedanzas, os seus proxectos individuais, as empresas e proxectos nos que se embarquen todos xuntos, etc.

Se aínda non o coñeces, a súa dirección é http://milnovecientosiete.blogspot.com.es/

¡Noraboa polo voso blog, Rovers!

¡e Boa Ruta!

Categorías: Clan | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Actividades Sábado 11 febreiro

Esta fin de semana a Escola de Tempo de Lecer da nosa Federación ASDE-Scouts de Galicia, a Escola Scout Insignia de Madeira (ESIM) imparte módulos do curso de Monitor de Actividades de Tempo de Lecer (Nó Gilwell) e do curso de Director de Actividades de Tempo de Lecer (Insignia de Madeira). A ambos cursos asistirán como alumnos varios dos scouters do Grupo Chan, e ademáis outros acoderán como equipo de apoio.

Por este motivo tanto a Tropa como a Unidade Esculta non terán actividade este fin de semana.

A Manada que terá actividade:  reunión no local de Vista Alegre, de 16:30 a 18:30

O Clan, pola súa banda terá actividades en Equipos.

A labor do scouter esixe unha formación continuada, e isto permite que fagamos un escultismo e unha educación de maior calidade.

 

Nó Gilwell

Insignia de Madeira

Categorías: Clan, Grupo, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: ,,,,,, | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.