Artigos coa etiqueta: paso de ramas

O Grupo Chan arranca con forza

IMG-20151019-WA0011(Estos son os sorrisos cos que se comeza unha nova aventura)

Un ano máis, o Grupo Scout Chan 292 afronta o reto dunha nova rolda solar, un novo curso que nos traerá novos desafíos e aventuras.
E non hai mellor modo de comezar isto que cunha acampada, por suposto! Así, os pasados días 17 e 18 de outubro celebramos a acampada de Paso de Ramas.
Durante a mañá do sábado, despois de reencontrarse tralo verán e de  montar o campamento, maiores e pequenos compartiron diversos xogos. E posteriormente os rapaces adicaron a tarde a avaliar un pouco o que deu de sí o curso pasado, e a preparar as súas propias propostas para a gran Asamblea de Grupo, ao día seguinte. Esa Asamblea é moi especial porque os nenos e nenas plantexan propostas que logo se votan entre todos, a man alzada, e así asumimos entre todos e todas novos retos e proxectos para a nova rolda. Nos scouts educamos dende o primeiro paso na participación e nos valores democráticos, dende fai moitos, moitos anos.
 
A ceremonia de Paso de Ramas do domingo foi especialmente emotiva xa que ademáis de que moitos rapaces e rapazas dan un paso adiante e cambian de sección, dúas persoas, dous scouters, Nuria e Adrián, abandoan a comunidade de educadores voluntarios do Grupo, o Kraal. (pero de seguro seguirán botándonos unha man naquelo que poidan aportar :))
 

En definitiva, esta acampada foi o xeito perfecto de despedir todo un ano de aventuras e comezar unha nova experiencia chea de ilusións e cousas por aprender.

Vos deixamos a foto “de familia” do Grupo para a rolda 2015-2016:

IMG-20151020-WA0001

Advertisement
Categorías: Grupo | Etiquetas: , | 1 Comentario

¡¡Comezamos!!

Un ano máis, o Grupo Scout Chan 292 lanzáse a unha nova aventura en medio da natureza.
O vindeiro Sábado 12 de outubro, marcharemos de acampada para despedir esta Ronda Solar e darlle a benvida á nova no Paso de Ramas.
É un momento de reencontros tralo verán que os rapaces e rapazas disfrutan ao máximo, sendo ademais moi especial para a progresión persoal de moitos deles.

???????????????????

Haberá lobatos que abandonen a Selva para aprender a vivir en patrullas, haberá tropeiros que rematen a súa andaina na Tropa e marchen á Unidade Esculta para convivir unidos e na procura de obxectivos comúns, haberá escultas que se lancen ao Clan para remar a súa propia canoa, e mesmo rovers que rematan o seu camiño e se lanzan a vivir o escultismo fóra do Grupo para seguir construíndo un mundo mellor.

En definitiva, un xeito perfecto de despedir todo un ano de aventuras e sorpresas e comezar unha nova experiencia chea de ilusións e cousas por aprender, e non hai mellor sitio para facelo, que en medio da natureza, de acampada, a casa máis querida por calqueira scout.

???????????????????????????????

DATOS IMPORTANTES:

A Acampada terá lugar en Noente os días 12 e 13, sendo o punto de encontro o sábado 12 ás 10:00 no local de Vista Alegre

A Cerimonia de Paso de Ramas terá lugar no mesmo sitio ás 16:30 do domingo e prégase puntualidade a todas aquelas persoas que queiran asistir (nais, pais, famliares, amigos…)

Se necesitades máis información poñédevemos en contacto cos Scouters.

Categorías: Grupo | Etiquetas: , | 1 Comentario

Blog en WordPress.com.