Artigos coa etiqueta: medio ambiente

O Grupo Chan colabora na Pegada Scout

Tal e como viñamos comentando nesta páxina e nas redes sociais, o sábado pasado o Grupo Scout Chan participou nas tarefas de servizo medioambiental levadas a cabo por ASDE-Scouts de Galicia no proxecto Pegada Scout.

O plan de traballo incluía, entre outras accións, a limpeza dun área recreativa, o arranxo da sinalización do roteiro PR97 e a prantación de varios exemplares de especies árboreas autóctonas. Todo isto no marco do Lugar de Importancia Comunitaria de Abegondo-Cecebre, que forma parte da Rede Natura 2000 e poucos días antes do Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño).

Dous scouters do Grupo Chan, Pablo e Prisco (de dereita a esq.) conversan co Director Xeral de Xuventude (centro) e o Alcalde de Abegondo (esq.)

O proxecto foi realizado coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude de Galicia e o Concello de Abegondo.

Nesta importante actividade participaron tamén os Grupos 19 e Vasco da Ponte (Ferrol), San Jorge e Semente (A Coruña)

A Pegada Scout (Huella Scout) forma parte do programa de actividades e eventos que estamos a desenvolver este ano 2012 para conmemorar o 100º aniversario da creación dos scouts en Galicia e España

Advertisement
Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,,,,,,, | Deixar un comentario

A Importancia da Auga

Hoxe 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente, e por iso é o momento máis axeitado para informarvos de que un proxecto do Grupo Scout Chan participa  na campaña Celebra todo o ano a importancia da auga coordenada por ASDE-Scouts de España.

O proxecto do Grupo, no que todas as ramas están implicadas, consistirá na avaliación da calidade da auga do río Umia, que pasa preto do lugar de campamento deste ano, e ademáis realizaranse limpezas e recollidas do lixo que poida atoparse nas ribeiras.

O respeto e coidado do medio ambiente é sen dúbida unha das bases fundamentais do método scout, e por iso un día como este os scouts debemos ter moi presente o noso compromiso por seguir traballando para construir ese mundo mellor que tanto desexamos.

Categorías: Grupo | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.