Artigos coa etiqueta: huella scout

O Grupo Chan colabora na Pegada Scout

Tal e como viñamos comentando nesta páxina e nas redes sociais, o sábado pasado o Grupo Scout Chan participou nas tarefas de servizo medioambiental levadas a cabo por ASDE-Scouts de Galicia no proxecto Pegada Scout.

O plan de traballo incluía, entre outras accións, a limpeza dun área recreativa, o arranxo da sinalización do roteiro PR97 e a prantación de varios exemplares de especies árboreas autóctonas. Todo isto no marco do Lugar de Importancia Comunitaria de Abegondo-Cecebre, que forma parte da Rede Natura 2000 e poucos días antes do Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño).

Dous scouters do Grupo Chan, Pablo e Prisco (de dereita a esq.) conversan co Director Xeral de Xuventude (centro) e o Alcalde de Abegondo (esq.)

O proxecto foi realizado coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude de Galicia e o Concello de Abegondo.

Nesta importante actividade participaron tamén os Grupos 19 e Vasco da Ponte (Ferrol), San Jorge e Semente (A Coruña)

A Pegada Scout (Huella Scout) forma parte do programa de actividades e eventos que estamos a desenvolver este ano 2012 para conmemorar o 100º aniversario da creación dos scouts en Galicia e España

Advertisement
Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,,,,,,, | Deixar un comentario

¡Deixamos a nosa pegada!

O vindeiro sábado 2 de xuño o Grupo Scout Chan 292 participaremos na actividade da Pegada Scout coa que ASDE-Scouts de Galicia  quere contribuír á campaña de proxectos Huella del Centenario de ASDE-Scouts de España, co motivo de festexar o noso 100 aniversario e tratar de reflectir a aportación dos scouts ó noso entorno.

¿Que imos facer? Pois contribuir a mellorar sensiblemente as condicións dun roteiro e duns espazos de uso público  no concello de Abegondo, nun espazo natural protexido coa figura de LIC (Lugar  de  Interese Comunitario) da Rede Natura 2000.

Se es usuario de twitter podes apoiar a nosa iniciativa empregando os hashtags #CentenarioScout e #huellaScout durante o vindeiro sábado.

¡PARTICIPA!

Tedes toda a información nesta ligazón: http://scoutsdegalicia.org/2012/05/30/asde-scouts-de-galicia-mellorara-dun-roteiro-e-plantara-arbores-no-entorno-do-lic-abegondo-cecebre/

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,,,,, | 2 Comentarios

Blog en WordPress.com.