ASDE – Scouts de Galicia convoca o I Concurso «Galicia Verde» de fotografía ambiental. Está dirixido a todos e todas os rapaces, rapazas e xoves dos seis Grupos Scouts da federación.
O concurso busca as mellores fotografías que mellor reflictan a relación entre os scouts e o medio natural galego, de cara a fomentar a nosa concienciación sobre a importancia da prevención dos incendios forestais.
Haberá un 1º premio que levará a mellor fotografía, consistente nunha cámara de fotos dixital. Ademáis haberá tres 2º premios segundo 3 categorías: Castores/Manada; Tropa Scout; e Unidade Esculta/Clan.
Cada participante pode enviar un máximo de 2 fotos. Hai que enviar as fotografías participantes á dirección de correo fotografia@scoutsdegalicia.org.
O prazo para enviar as fotografías remata o 31 de decembro.
¡Animádevos a participar!
Para consultar as bases do concurso ponte en contacto cos teus scouters.