Artigos coa etiqueta: festivalScoutGalego

A cantar no Festival Scout Galego!!

Despois de tantos ensaios, de tanto esforzo para aprender a letra da canción, para coller a boa afinación, para compenetrarse entre os distintos instrumentos musicais… por fin chega!!!!!!!

Logo-XXXIV-Festival-Scout-Galego-2014-x680

Mañá sábado 29 de marzo se celebrará en A Coruña  a XXXIV edición do Festival Scout Galego, unha das actividades mais importantes de ASDE-Scouts de Galicia que promete ser unha nova xornada de convivencia entre rapaces e rapazas scouts de distintos puntos de Galicia, co punto central do certame musical de cancións compostas polos Grupos Scouts.

Nesta ocasión no certame musical participarán o Grupo Scout 19 de Ferrol e os Grupos Scouts San Jorge 33Hécules 283 e Semente 597 de A Coruña, ademáis do noso Grupo Chan 292, por suposto.

Unha das principais novedades da edición deste ano consiste en que os propios rapaces e rapazas poderán votar directamente a canción que máis lles gusta, valorando a música, posta en escena, letra e interpretación. Do resultado da votación sairá a canción gañadora, que como premio terá a oportunidade de acudir ao Festival Scout de ASDE – Scouts de España representando a ASDE – Scouts de Galicia.

Importantes datos para os rapaces do Grupo Chan:

Saída: 8:45 no local Vista Alegre.

Regreso: 19:15 no mesmo sitio

A partir das 16:15 horas abriranse ao público as portas de Auditorio do Colexio Calvo Sotelo, comezando o Festival ás 16:30. ¡¡Estades convidados nais, pais, familiares, antigos membros do Grupo e amigos todos!!

¡Lembrade etiquetar con #FestivalScoutGalego todos os comentarios e fotos que compartades nas redes sociais Facebook e Twitter durante esta xornada de música e convivencia scout!

Moita sorte a todos os Grupos Scouts participantes e moitas grazas ao Grupo Scout Hércules 283 da Coruña polo seu traballo como organizador do Festival este ano!

 

Advertisement
Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.