Artigos coa etiqueta: festival scout galego

¡Pasámolo en grande no Festival Scout Galego!

Durante os pasados días 2 e 3 deste mes de marzo tivo lugar na cidade de Ferrol a XXXIII edición do noso Festival Scout Galego, o gran evento que nos reúne aos 6 Grupos Scouts de ASDE-Scouts de Galicia para compartir un fin de semana de convivencia, diversión, alegría e escultismo.

Neste ocasión o Festival foi organizado polos nosos compañeiros do Grupo 19 de Ferrol, a quen lles enviamos o noso agradecemento e recoñecemento por todo o traballo realizado.

O primeiro día comezou dunha forma moi orixinal e sorprendente, xa que demos un paseo marítimo, en barco, pola Ría de Ferrol, que nos serviu para coñecer mellor as súas paisaxes e lugares tan senlleiros como o Castelo de San Felipe.

Despois tivemos un acto de inauguración en pleno centro da cidade, na Praza de Armas, onde está a Casa do Concello de Ferrol. No acto interviron o Alcalde e outras autoridades.

Xa pola tarde, tivo lugar o certame musical do Festival, onde o Grupo Scout Chan competimos interpretando a nosa canción “Un novo renacer” con toda a nosa ilusión. Sen embargo non logramos obter ningún premio xa que este ano o nivel estivo moi alto e todas as cancións concursantes soaron estupendamente, polo que a competición estivo moi apretada. O vencedor do premio á Mellor Canción foi o Grupo Scout Semente 597 de A Coruña, a quen felicitamos polo seu triunfo. Este Festival foi de certo histórico porque os 6 Grupos participaron no certame musical, xa que o Grupo Scout Vasco da Ponte 636 presentouse por primeira vez na súa historia.

Aproveitamos para agradecer públicamente o fermoso xesto do Coordinador do Grupo Semente, xa que como este Grupo ademáis de resultar gañador do certame tamén conqueriu o premio da Mellor Música, ofreceunos ao Grupo Chan este segundo trofeo, para que non voltáramos coas mans baleiras a Compostela. Un xesto moi bonito que queremos agradecer e destacar.

Durante a segunda xornada deste intenso fin de semana realizáronse distintas actividades segundo as diferentes seccións educativas. Así, os lobatos desfrutaron duns xogos na zona do Cantón, os tropeiros realizaron un xogo de cidade por distintas zonas de Ferrol, os escultas competiron nunha carreira de orientación e os rovers percorreron unha ruta pola costa.

En resume, foron dous días moi intensos pero moi divertidos onde puidemos convivir co resto de nenos, nenas, mozos e educadores voluntarios de todos os Grupos Scouts galegos.

O Clan de Rovers vén de escribir a súa propia reseña contando as súas vivencias e impresións neste Festival, o podedes atopar premendo aqui

Tamén podes atopar máis información e máis fotos do Festival neste artigo na páxina web de ASDE-Scouts de Galicia.

Advertisements
Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,,,, | 3 Comentarios

… e máis sobre o Festival (fotos e video)

Xa estamos recopilando material gráfico e audiovisual sobre o intenso fin de semana pasado en A Coruña, onde pudimos desfrutar de dúas xornadas de convivencia cos nosos irmáns scouts dos outros Grupos de ASDE-Scouts de Galicia.

Dous inesquecibles días nos que celebramos o XXXII Festival Scout Galego (no que o Grupo Chan acadou dous premios) pero que tamén serviron para realizar unha quenda de actividades de educación vial e máis as xa tradicionais Olimpiadas Scouts onde os rapaces competiron mesturados en equipos integrados por scouts de diferentes Grupos e idades nunha serie de probas deportivas onde o máis importante non é gañar senón participar e saber colaborar en equipo.

un intre da actuación do Chan

Por certo, o Festival foi presentado e amenizado pola compañía de teatro “El Ruiseñor” de Culleredo, que ben merece unha mención especial e un aplauso pola súa labor.

Aquí vos deixamos algunha imaxe do que deron de sí todas estas actividades…

Actividade de seguridade vial para os rovers(coordinada polos rovers do Chan)

E como resposta á petición por aclamación popular no Facebook, velaquí vos deixamos un video do que foi a actuación do Grupo Chan:

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.