Artigos coa etiqueta: esculta

A Esculta participará na Feira de San Pedro

Hoxe venres 29 de xuño comeza unha das celebracións máis populares e coñecidas da cidade: as festas do barrio de San Pedro. Un dos eventos máis animados e singulares destas festas será a Feira que se celebrará o sábado, de 11 da mañá ata as 10 da noite, e alí vai estar de novo a Unidade Esculta, que xa participara na Feira de Primaveira celebrada neste mesmo lugar, unhas semanas atrás.

Nos envían esta mensaxe para todos vós, ¡atención!:

Estamos na recta final do noso proxecto Blue Banana que nos levará á illa de Tenerife do 5 ao 12 de agosto ao Campamento Federal de Escultas que se celebra dentro do programa de actividades que conmemoran o Centenario do escultismo en España, Xa temos os nosos billetes de avión comprados, estamos co mel nos beizos, ilusionados, cun sorriso permanente e desexando que chegue o tan ansiado momento, traballamos moito neste proxecto, pero o esforzo mereceu a pena.
Unha das nosas últimas accións para recadar diñeiro será montando un posto na rúa de San pedro este sábado 30 de xuño, alí venderemos bizcochos, cupcakes, hojaldres de chocolate, pendentes e broches todo iso feito por nós, ademais tamén venderemos libros de segunda man, peluches… e moitas cousas máis. Animámosvos a que vos pasedes polo posto ademais de gozar dun día de Romaría na Rúa de San pedro.
 
A Unidade Esculta

Lembrade que podesde seguir toda a información dos proxecots dos escultas no seu blog: http://escultas-accion.blogspot.com.es/

Advertisements
Categorías: Unidade Esculta | Etiquetas: ,, | 2 Comentarios

Estivemos na Feira de Primavera do barrio de San Pedro

O pasado sábado 5 de maio a Unidade Esculta instalou un pequeno posto na xa tradicional Feira de Primavera do compostelán barrio de San Pedro.

Alí os escultas puxeron á venda doces, roupa de segunda man, pulseiras, pendentes, abalorios, chaveiros, e unha morea de cousas máis… incluíndo por suposto as súas fantásticas sudadeiras.

O obxectivo era recadar fondos para financiar o seu proxecto deste ano, participar no Campamento Federal de Escultas de ASDE-Scouts de España.

A Unidade Esculta contounos que tiveron un éxito rotundo, e queren dar as grazas a todos aqueles que vos pasastes polo seu posto xa que de algunha maneira axudastes a que o seu soño cada vez estea máis preto.

Aos que non puidestes pasar non vos preocupedes porque volverán a estar en San Pedro na feira que se organizará nas festas deste barrio o próximo 30 de xuño. ¡Irémosvos informando!

Lembrade que podedes estar ó día das actividades da Esculta no seu blog.

E lembra tamén que aínda estás a tempo de conquerir a túa sudadeira. Só tes que enviar un e-mail a equipoue@yahoo.es indicando o teu nome, talla e número de teléfono.

¡Xa quedan poucas!

Categorías: Grupo, Unidade Esculta | Etiquetas: ,, | 2 Comentarios

A sudadeira scout ¡non te quedes sen ela!

Presentamos unah importante mensaxe da Unidade Esculta:

Aqueles que nos seguides no blog e nas redes sociais do Grupo xa saberedes que a unidade esculta do Chan 292 este ano ten un proxecto ambicioso denominado “Blue Banana Project” e para os que aínda non vos decatastes ímonos a Tenerife ao Campamento Federal de Escultas ¡¡yuhuuuu!!

Levamos xa desde o 2º trimestre da rolda traballando moito, dividímonos en comisións para que todo estea ben organizado, e para que chegado o momento, só nos quede subir a un avión rumbo ao sol e as palmeiras. Vendemos carteiras, abelorios, puños de mono…e reunímonos cada sábado para achegarnos cada vez máis ao soño co que nos espertamos hai algúns meses.

Agora é cando vos convidamos a participar do noso soño, para o que vos damos as grazas de antemán, estamos a vender unhas sudadeiras que son o último en moda, custan 18 Euros, e seguro que xa veriades a moitos cunha posta, así que se aínda non a tedes facémosvos esta pregunta… ¿a que estades a esperar?

Se queres pedir a túa sudadeira podedes mandar un e-mail a equipoue@yahoo.es indicando o teu nome, talla e número de teléfono e porémonos en contacto contigo.

¡¡Non esperes máis, que xa nos quedan poucas!!

Categorías: Unidade Esculta | Etiquetas: ,, | 1 Comentario

¡Os escultas tamén foron de acampada!

Os rapaces da Unidade Esculta quérennos contar como se desenvolveu a acampada que realizaron fai unhas semanas:

Regresamos dunha acampada de semana santa inesquecible, novos xogos, asasinatos, misterios… Todo saíu segundo o previsto pero houbo algo que fixo que esta acampada fose especial e é que por un momento fomos donos da inmensidade do ceo, da tranquilidade da contorna e do son do silencio… Todo iso baixo un manto de estrelas no alto das torres de Altamira. Estes instantes son os que fan que unha acampada sexa diferente e o que é máis aínda, ¡¡porque nos gustan os scouts!!

Podes seguir todas as aventuras e proxectos da Unidade Esculta no seu blog

http://escultas-accion.blogspot.com.es/

Categorías: Unidade Esculta | Etiquetas: , | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.