Artigos coa etiqueta: conferencia federal

Presencia do Grupo Chan na VIII Conferencia Federal

Os pasados días 3 a 5 de abril celebrouse a VIII Conferencia Scout de ASDE-Scouts de España. Un evento de máxima importancia xa que nel se definen as liñas e políticas estratéxicas para os vindeiros anos, mediante un proceso de participación e traballo colaborativo entre delegados de todas as organizacións federadas en ASDE.

A nosa federación ASDE-Scouts de Galicia estivo por suposto representada e participando activamente nas dúas ponencias que se propuxeron nesta ocasión: “Novas necesidades = Nova Organización”, que aborda a estrutura da nosa entidade, e “Xestionando a seguridade no escultismo” que desenvolve un sistema de prevención de riscos nas actividades scouts.

Pablo Álvarez (esquerda) e Diego Cobos, Presidente de ASDE-Scouts de España (dereita)

E precisamente no Grupo Scout Chan 292 estamos moi felices e orgullosos do traballo desenvolvido por Pablo Álvarez, xa que foi el quen recibiu o encargo de coordinar a elaboración do documento dunha das ponencias a debate. Esta é a segunda vez na historia que un membro de ASDE-Scouts de Galicia e do noso Grupo Chan asume unha tarefa desta importancia e responsabilidade (na VII Conferencia, en 2012, fora Tanis Villar).

Queremos por tanto agradecer públicamente a Pablo todo o seu esforzo e dedicación para prestar unha vez mais un gran servizo á toda a nosa federación.

Sempre Adiante

Advertisements
Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.