Artigos coa etiqueta: concurso

ASDE – Scouts de Galicia convoca o Concurso de Ideas “Imaxina contra a crise”

ASDE – Scouts de Galicia, no seu programa de actividades, desenvolve este ano diferentes iniciativas sociais acerca da difícil situación económica actual. Trátase de accións enmarcadas na Iniciativa Xove que financia a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.

Con esta finalidade, ASDE – Scouts de Galicia convoca o Concurso de Ideas “Imaxina contra a crise” que busca fomentar a creatividade para buscar medidas que axuden nesta difícil situación nos ámbitos máis próximos a nós.

No Concurso de Ideas poden participar todos os nenos e mozos galegos, con independencia da súa pertenza á nosa federación scout. Para iso estáblecense dúas categorías:

  • Infantil – Xuvenil (ata 17 anos de idade)
  • Adultos (desde 18 en adiante ou que cumpran 18 en 2013)

Os gañadores de cada categoría recibirán como premio unha Tablet de tecnoloxía Android. Os segundos e terceiros clasificados recibirán un conxunto de xogos ou libros. Para a valoración, o xurado terá en conta criterios de orixinalidade e viabilidade das ideas.

A participación estará aberta ata o 25 de outubro de 2013. Para facelo débese remitir o formulario (xunto a autorización no caso de menores) ao correo electrónico concursodeideas@scoutsdegalicia.org.

A continuación pódese descargar toda a documentación:

Advertisement
Categorías: ASDE-Scouts de Galicia | Etiquetas: , | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.