Artigos coa etiqueta: concurso fotográfico

¡Participa no I Concurso fotográfico!

ASDE – Scouts de Galicia convoca o I Concurso «Galicia Verde» de fotografía ambiental. Está dirixido a todos e todas os rapaces, rapazas e xoves dos seis Grupos Scouts da federación.

O concurso busca as mellores fotografías que mellor reflictan a relación entre os scouts e o medio natural galego, de cara a fomentar a nosa concienciación sobre a importancia da prevención dos incendios forestais.

Haberá un 1º premio que levará a mellor fotografía, consistente nunha cámara de fotos dixital. Ademáis haberá tres 2º premios segundo 3 categorías: Castores/Manada; Tropa Scout; e Unidade Esculta/Clan.

Cada participante pode enviar un máximo de 2 fotos. Hai que enviar as fotografías participantes á dirección de correo fotografia@scoutsdegalicia.org.

O prazo para enviar as fotografías remata o 31 de decembro.

¡Animádevos a participar!

Para consultar as bases do concurso ponte en contacto cos teus scouters.

Advertisement
Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Clan, Grupo, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: ,, | 2 Comentarios

Blog en WordPress.com.