Xa temos falado en máis dunha ocasión sobre un dos nosos blogs favoritos, pero queremos volver a chamar a vosa atención sobre el e invitarvos a visitalo e coñecelo.
Se trata de Crecer siendo Scout
Un blog creado e xestionado por unha das familias que forman parte do noso Grupo Scout Chan 292. En concreto é unha idea dos pais (Ángeles e Esteban), pero os rapaces tamén colaboran con frecuencia na elaboración dos novos artigos e novas.
Nel podedes atopar infinidade de relatos de anécdotas sobre distintas actividades, resumo de acampadas, aventuras vividas nos campamentos, etc. Sempre acompañados de moitas fotografías e videos. Todo isto dende o punto de vista dos pais, que é o que a moitos e moitas nos parece máis interesante e novedoso. Como valoran os pais e nais a progresión persoal dos rapaces, os valores que van adquirindo a través dos xogos e actividades dos programas educativos do escultismo.

Pero é que aínda hai máis novidades. Recentemente os intrépidos autores deste blog comezaron a introducir un apartado moi novedoso: entrevistas gravadas en audio a varias persoas vinculadas co Grupo. Dende nenos e nenas de varias idades, a scouters en activo, scouters de apoio, nais e pais, etc
As persoas entrevistadas explican, dun xeito sinxelo e desenfadado, que lles motivou a entrar nos scouts, que lles aporta, anécdotas, aventuras, retos logrados e futuros proxectos… ¡Moi interesante!
Sen dúbida vos animamos a escoitar os podcast e en definitiva, a non perder de vista este interesantísimo blog, feito con tanto cariño e esforzo..
¡Noraboa Ángeles e Esteban! ¡E moitas grazas polo voso traballo e apoio!