Artigos coa etiqueta: Chandaina Sardiñada Asamblea

¡¡Ven a compartir con nós o remate de ronda coa #Chandaina2017 e a #SardiñadaChan2017!!

Boas a todos/as!

Estamos na recta final de ronda e temos preparadas dúas actividades coas que queremos convidarvos a todos e todas a participar! #Chandaina2017 e #SardiñadaChan2017

Reservade data! O vindeiro Sábado 10 de Xuño vai ser unha festa! Teremos a #Chandaina2017 polos arredores de Busto en horario de mañá e a xa tradicional Sardiñada Scout. #SardiñadaChan2017

¡É moi importante que confirmedes a vosa asistencia!:

**Ás inscripcións á Chandaina teranse que facer por correo electrónico a: coordinacionchan292@gmail.com ou aos correos dos scouters de sección (ata martes 6 de Xuño).

**Ás inscricións para a comida da Sardiñada serán ao correo: comitechan@gmail.com xa que o Comité de Pais e Nais é quen organiza esta actividade (tamén a poder ser para martes 6 de Xuño).

Esperamos que antigos membros do Grupo, familiares, amigos e amigas poidades vir a toda a xornada e xuntarnos un montón de xente para culminar unha ronda que foi estupenda 😉

Tedes todos os detalles nos Eventos correspondentes que acabamos de crear en Facebook:
Evento #Chandaina2017

Evento #SardiñadaChan2017
Calqueira dúbida, contactade cos scouters por teléfono ou correo.

Unha aperta,
O Kraal

Advertisement
Categorías: Grupo | Etiquetas: | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.