Artigos coa etiqueta: canción

Festival Scout Galego

¡Xa case está aquí!

O vindeiro sabado 17 celebráse o XXXII Festival Scout Galego de ASDE-Scouts de Galicia en A Coruña.

Durante este fin de semana xuntarémonos scouts de toda Galicia para desfrutar xuntos dunha serie de actividades, nun evento que ano tras ano convértese nunha das actividades favoritas dos nosos rapaces.

Nesta ocasión o Festival (e as actividades que o engloban) estará organizado polo Grupo Scout Semente. Xa teñen listo todo, ata as camisetas deste ano…

O Grupo Chan acodirá ó Festival, coma sempre, con toda a ilusión por facer un bó papel, pero sobre todo con moitísimas ganas de pasar dous días inesquecibles convivindo e compartindo cos irmáns scouts doutros Grupos.

Lembrade que os pais, nais, familiares e amigos do Grupo estades todos invitados a ver o certame do Festival. Será no colexio Calvo Sotelo. As portas abriranse as 16:30, e o Festival dará comezo ás 17:00.

Para as familias do Grupo, lembramos os datos máis importantes da Folla de Ruta do Festival:
Datas: 17 e 18 de Marzo
Saída: sábado 17 ás 8:45 no local de Vista Alegre
Chegada: O domingo 18 ás 17:00 no local de Vista Alegre
Material: saco, esterilla, neceser, toalla, roupa e calzado de deporte (para ás olimpiadas do domingo) comida do primeiro día, chuvasqueiro, roupa de abrigo e o uniforme completo.

Se tedes algunha dúbida poñédevos en contacto cos vosos scouters

¡¡Vémonos o sábado!!

E para ir entrando en calor… o video da actuación do Grupo Chan no Festival do ano pasado:

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,,, | 1 Comentario

Ensaio, ensaio…

Xa non queda máis que unha semana para o XXXII Festival Scout Galego, que se celebrará o vindeiro sábado 17 de marzo en A Coruña.

Lembrade que este sábado (despois das actividades, ás 18:00) e o domingo (13:00) Hai ensaio no local de Vista Alegre.

O Grupo nos envía un par de fotos dos primeiros ensaios, fai unhas semanas…

Categorías: Grupo | Etiquetas: , | 1 Comentario

¡Comezan os ensaios!

¡Atención lobatos, tropeiros, escultas, rovers e tódalas familias!

A partir deste sábado 4 de febreiro van a comezar os ensaios para preparar a actuación do Grupo Chan no que será o XXXII Festival Scout Galego, que se celebrará en A Coruña a mediados do vindeiro mes de marzo.

Por defecto, e salvo que algún día se indique algo diferente, os ensaios se desenvolverán os sábados de 18:00 a 19:00 no local de Vista Alegre.

E para ir poñéndoos en situación, velaquí tedes unha grabación da actuación do pasado Festival Scout Galego de 2011:

Preme AQUÍ para poder ver o video

Categorías: Clan, Grupo, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: ,,,,,, | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.