CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE MATERIAL DE ACAMPADA
Dende o Grupo Scout Chan 292 lanzamos unha campaña de recollida de material de campismo, que polo motivo que sexa xa non vos faga falta, non o esteades usando e non sabedes que facer con el.
Todas esas mochilas, cantimploras, botas e demáis material ao que xa non lle deades uso e que unicamente o que fai é ocupar espacio nos vosos armarios e trasteiros, ben podería resultar de grande utilidade.
Loxicamente necesitamos que o material estea en bo estado, xa que o que logremos recopilar terá como fin intentar, na medida do posible, minimizar os gastos que pode xerar para algunhas familias isto de conquerir os primeiros materiais de acampada para os rapaces.
O material que máis demandamos é:
- Mochilas
- Sacos
- Botas
- Uniforme scout
Se tes algunha destas cousas ou calquera outra, ponte en contacto connosco a través do correo electrónico: gruposcoutchan292@gmail.com
Agradeceriámosvos que lle désedes difusión entre os vosos contactos.
Moitas grazas e un cordial saúdo scout para todos e todas