Artigos coa etiqueta: asde scouts de galicia

O Grupo Chan colabora na Pegada Scout

Tal e como viñamos comentando nesta páxina e nas redes sociais, o sábado pasado o Grupo Scout Chan participou nas tarefas de servizo medioambiental levadas a cabo por ASDE-Scouts de Galicia no proxecto Pegada Scout.

O plan de traballo incluía, entre outras accións, a limpeza dun área recreativa, o arranxo da sinalización do roteiro PR97 e a prantación de varios exemplares de especies árboreas autóctonas. Todo isto no marco do Lugar de Importancia Comunitaria de Abegondo-Cecebre, que forma parte da Rede Natura 2000 e poucos días antes do Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño).

Dous scouters do Grupo Chan, Pablo e Prisco (de dereita a esq.) conversan co Director Xeral de Xuventude (centro) e o Alcalde de Abegondo (esq.)

O proxecto foi realizado coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude de Galicia e o Concello de Abegondo.

Nesta importante actividade participaron tamén os Grupos 19 e Vasco da Ponte (Ferrol), San Jorge e Semente (A Coruña)

A Pegada Scout (Huella Scout) forma parte do programa de actividades e eventos que estamos a desenvolver este ano 2012 para conmemorar o 100º aniversario da creación dos scouts en Galicia e España

Advertisements
Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo | Etiquetas: ,,,,,,, | Deixar un comentario

Scouts do Grupo Chan participan no Camporee 2012

Os tropeiros do Grupo Scout Chan participaron no Camporee celebrado nos pasados días 31 de marzo e 1 e 2 de abril no Campamento xuvenil de A Espiñeira (Boiro) baixo a organización de ASDE-Scouts de Galicia.

Os rapaces do Chan puideron compartir tres días de xogos, actividades e escultismo ó aire libre con rapaces de outros Grupos galegos da nosa Federación, como son o Grupo 19 e o Vasco da Ponte (ambolos dous de Ferrol) e o 33 San Jorge (A Coruña).

Os temas educativos principais do Camporee foron a concienciación da importancia da preservación do medioambiente e o aprendizaxe de técnicas de campismo e orientación, pero tamén se traballou sobre cuestións como a tolerancia e a convivencia e o mutuo respeto ou o desenvolvemento de hábitos de vida saudables.

A actividade foi un éxito e os tropeiros participantes despedíronse pensando xa na seguinte actividade onde volverán a poder convivir e compartir experiencias con scouts doutros grupos scouts galegos.

Categorías: Tropa Scout | Etiquetas: ,,, | 1 Comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.