Artigos coa etiqueta: acampadas

Un blog que deberías seguir

blog1Xa temos falado en máis dunha ocasión sobre un dos nosos blogs favoritos, pero queremos volver a chamar a vosa atención sobre el e invitarvos a visitalo e coñecelo.

Se trata de Crecer siendo Scout

Un blog creado e xestionado por unha das familias que forman parte do noso Grupo Scout Chan 292. En concreto é unha idea dos pais (Ángeles e Esteban), pero os rapaces tamén colaboran con frecuencia na elaboración dos novos artigos e novas.

Nel podedes atopar infinidade de relatos de anécdotas sobre distintas actividades, resumo de acampadas, aventuras vividas nos campamentos, etc. Sempre acompañados de moitas fotografías e videos. Todo isto dende o punto de vista dos pais, que é o que a moitos e moitas nos parece máis interesante e novedoso. Como valoran os pais e nais a progresión persoal dos rapaces, os valores que van adquirindo a través dos xogos e actividades dos programas educativos do escultismo.

blog2

Pero é que aínda hai máis novidades. Recentemente os intrépidos autores deste blog comezaron a introducir un apartado moi novedoso: entrevistas gravadas en audio a varias persoas vinculadas co Grupo. Dende nenos e nenas de varias idades, a scouters en  activo, scouters de apoio, nais e pais, etc

As persoas entrevistadas explican, dun xeito sinxelo e desenfadado, que lles motivou a entrar nos scouts, que lles aporta, anécdotas, aventuras, retos logrados e futuros proxectos… ¡Moi interesante!

Sen dúbida vos animamos a escoitar os podcast e en definitiva, a non perder de vista este interesantísimo blog, feito con tanto cariño e esforzo..

¡Noraboa Ángeles e Esteban! ¡E moitas grazas polo voso traballo e apoio!

Advertisement
Categorías: Clan, Grupo, Kraal, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: ,,,,,,, | 3 Comentarios

Acampadas de Nadal

Durante os derradeiros días do ano 2012 e os primeiros momentos do 2013, as distintas seccións educativas (Manada, Tropa, Unidade Esculta e Clan) do noso Grupo Scout Chan 292 realizaron as súas respectivas acampadas de Nadal.

Para nós, como scouts, as acampadas son o elemento fundamental de todas as nosas programacións de actividades, pois nos levan a un contacto directo coa Natureza. ¿Acaso non é moito máis bonito e divertido realizar os nosos xogos e obradoiros en medio dunha fermosa carballeira que metidos nun local?

Moi pronto teremos algunhas fotos destas actividades, así como o relato das mesmas, e probablemente nos contarán máis dunha divertida anécdota.

Mentres tanto aproveitade para desfrutar os últimos días de Nadal, sen deixar de lembrar que debemos facer todo o que de nós dependa para axudar ás persoas que nos rodean (familiares, amizades, veciños…) para poder construir un mundo mellor e así deixaremos as cousas mellor de como as atopamos.

Aproveitamos para volver a felicitarvos a todos e todas o ano que comeza, e queremos lembrar dúas das claves que nos deben guiar ós scouts:

Sempre Adiante

e

Sempre Listos para Servir

Categorías: Grupo | Etiquetas: | 1 Comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.