Unidade Esculta

A miña primeira acampada coa Unidade Esculta

Os pasados días 26, 27 e 28 de decembro asistín á miña primeira acampada coa Unidade Esculta. DSCN2898_b

Disfrutamos duns días moi agradables en contacto coa natureza traballando uns obxectivos que nos mesmos nos propuxéramos, cando nos sentamos a programar entre todos e todas o que queríamos facer nesta actividade. Así por exemplo nos plantexamos ter un maior coñecemento de técnicas de campismo para montar un toldo ou facer nudos pero tamén outros coma fomentar a participación dentro da UE. 

 

DSCN2980-crop

A verdade é que nas sensacións que recollín desta acampada, malia ter a mesma base que nas outras ramas, son moi diferentes e á vez moi reconfortantes xa que a convivencia que houbo nestes días foi do máis distendido e penso que nos fixo sentir cómodos aos que por primeira vez tiñamos que facernos cargo dunha actividade e nos atopábamos coa nosa inexperiencia para algunhas cousas.

Así que sen máis darlle as grazas a todos os meus compañeiros e compañeiras, que lograron que esta acampada se levara a cabo e que fixeron que só teña bos recordos desta saída, a pesar da chuvia do último día.

DSCN2914

 

Categorías: Unidade Esculta | Etiquetas: , | 1 Comentario

¡Comeza o XL aniversario do Grupo Scout Chan 292!

IMG_1234O pasado sábado organizamos un pequeno acto para inaugurar formalmente as celebracións do XL aniversario do noso Grupo Scout Chan 292. Foi un acto breve e sinxelo pero emocionante e cheo de ganas de celebrar este importante cumpreanos como todos e todas merecemos. Contouse coa participación dos rapaces e rapazas e scouters de todas as seccións do Grupo, con pais, nais e familiares, e tamén con persoas que formaron parte desa longa historia que vai percorrendo o Grupo Chan na súa andaina polo escultismo.

No acto se presentaron algunhas pinceladas das actividades que se están a preparar dende unha Comisión de voluntarios e voluntarias (scouters do Kraal, scouters de apoio, pais e antigos membros do Grupo) con moita ilusión.

Xa vos iremos desvelando máis pouco a pouco, pero de momento como aperitivo vos podemos comentar que o programa de celebracións se artella sobre catro eixos fundamentais, algúns cunha vertente máis pública ou institucional, e outros más enfocados de cara aos centos de persoas (tratade de imaxinar canta xente pasa por un grupo coma o noso en catro décadas)  que formamos a gran familia do Grupo Scout Chan 292:

  1. “40 anos educando en liberdade en Santiago” –Exposición multimedia e recopilación dun Arquivo Histórico
  2. “40 anos en ruta” –Ruta por algun tramo do Camiño de Santiago, recepción e Gran Verbena
  3. “40 anos de ledicia” –Recopilación de cancións de Grupo
  4. “40 anos de celebracións” –Gran Cea

E velaquí tedes o logotipo que nos acompañará todo este ano de celebración, ¡esperamos que vos guste tanto como a nós!:

Logo40aniversarioEn palabras da Coordinadora do Grupo: “Hoxe presentamos un logo que pretende ser moito máis que unha imaxe. Quere ser o scout que, dunha ou outra forma, todos fomos e somos na sociedade. Quere ser o mencer nun día frío de inverno en plena acampada, e o atardecer nos días de campamento. Quere ser nosa flor de lis, a Lei Scout e o noso lema. Este logo quere ser tamén a fotografía de cada un de vós e a de todos os nenos, nenas e adultos que descubrirán o escultismo como forma de vida e ao Grupo Scout Chan como a súa segunda familia.”

Aínda que as interpretacións poden ser persoais, vos compartimos unha explicación do simbolismo desta imaxe:

O logo representa un número “40”, que está formado pola silueta dun “4” unido ao que representa a metade dereita dunha flor de lis. O catro simboliza a silueta dunha persoa (scout), e o cero sería a súa mochila, que están unidos pola pañoleta do noso grupo. O conxunto simbolizaría a un scout en plena ruta á luz do mencer, ou do atardecer (baixo a lux do sol, en definitiva).

A pañoleta rodeando á silueta scout e á mochila é un pouco a unión que nos une ás persoas que estamos e estiveron no grupo e o nó ao rededor é a fraternidade scout.

En canto ás cores, o amarelo é cor do sol, dos días de campamento, de reunións, como esas tardes de rutas. O morado é a cor polo que representa aos scouts en todo o mundo, e o granate nos lembra a cor da bandeira de Santiago de Compostela, a nosa cidade, o entorno social e medioambiental que levamos 40 anos tratando de mellorar. Finalmente o tono gris podería representar todas as noites de acampada ao aire libre, e o ceo que máis frecuentemente nos cubre en todas as saídas que os rapaces e rapazas do Grupo levan realizando dende fai 40 anos.

Categorías: Clan, Grupo, Kraal, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: ,,,,,, | Deixar un comentario

¡Colaboramos co Reto Quimions!

A Manada disposta a recortar os deseños de novos Quimions¿Coñecedes o reto Quimions? Pois volo explicamos: se trata dunha iniciativa totalmente altruista que busca dotar dun pouco de maxia e alegría aos servizos hospitalarios de pediatría, en especial aos de oncoloxía. O proxecto consiste en elaborar “Quimions“, que son unhas fundas reutilizables para as bolsas de sueros e medicamentos que se administran por vía intravenosa. Estas fundas terán motivos alegres, fundamentalmente personaxes das series e películas infantís preferidas dos rapaces. Todas as seccións do Grupo Scout Chan están colaborando neste proxecto, de modo que poderemos entregar unha boa pila de fundas elaboradas polos nosos nen@s e moz@s ‪#‎retoQuimions‬

Tedes toda a información na páxina web da iniciativa: http://www.retoquimions.org/index.html

 

Vos deixamos tamén unhas fotos da Manada elaborando os seus Quimions na reunión do sábado pasado en Busto.

A Manada cos seus patróns de Quimions

Categorías: Clan, Grupo, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Xornadas sobre trastornos alimentarios

O pasado sábado 19 de novembro se celebraron as VII Xornadas para Escultas de ASDE-Scouts de Galicia, en Ferrol, coa participación de 20 mozos e mozas pertencentes aos Grupos Scouts San Jorge 33 (A Coruña), Vasco da Ponte 636 (Ferrol), e Chan 292.

Nesta ocasión o tema elixido para as Xornadas se centrou nos Trastornos da Alimentación, e para iso se contou coa inestimable colaboración de Rquel, unha das educadoras sociais de ATALAlA SOCIAL, que levou a cabo unha actividade que xirou sobre aspectos tan importantes e vixentes hoxe en día como a imaxe persoal, a presión de grupo, os estereotipos, etc.

VII Xornadas para Escultas

A xornada de convivencia se prolongou á tarde cun paseo e unha serie de xogos, para finalmente culminar cunha dinámica na que os rapaces e rapazas analizaron e resumiron todo o traballado durante o día, para poder transmitilo a outros mozos e mozas dende a súa propia visión e perspectiva.

E un ano máis, as Xornadas foron posibles gracias ao esforzo e participación de todos e todas.

Velaquí vos deixamos a testemuña dun membro da nosa Unidade Esculta:

Este sábado foron as Xornadas de Escultas en Ferrol, onde nos xuntamos varios Grupos Scouts de Galicia e realizamos actividades xuntos. Este ano falamos sobre os trastornos alimenticios e estivo moi ben explicado e foi entretido. Tamén xogamos  nun parque moi bonito, o pasamos moi bien e nos reímos moito. Encantoume todo o que fixemos e estar cos rapaces de outros grupos, xa que fixen novos amigos e vin a amigos de tempo atrás. ¡Foi un día incríble!”

VII Xornadas para Escultas

 

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Unidade Esculta | Etiquetas: , | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.