Unidade Esculta

¡Agardámoste na Xornada de Portas Abertas!

¡ATENCIÓN! Importante para nenos e nenas, mozos e mozas de entre 8 e 20 anos.
O vindeiro sábado 29 chegan a #XornadaPortasAbertas. Este é o día perfecto para achegarte a coñecernos, ¿Que fas os sábados? ¿Fuches algunha vez de acampada?

Estaremos no noso local no barrio de Vista Alegre de 16.30 a 18.30h, ¡Non o perdas!

Importante: é imprescindible que tod@s @s menores de idade dispoñan dunha autorización asinada para participar. O sábado teremos algúns impresos e preparados no local, pero tamén podedes descargarvos o documento no apartado “Descargas” desta páxina web.
https://gruposcoutchan292.org/descargas/

 

cartel-portas-abertas-2016

Advertisement
Categorías: Clan, Grupo, Kraal, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

II Carreira e Andaina solidarias pola Esclerose Múltiple

O pasado domingo 29 de Maio se celebrou II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple promovida, un ano máis, por ACEM – Asociación Compostelana de Esclerose Múltiple.

Como non podía ser doutro modo, nós como scouts, como persoas comprometidas con construir un mundo mellor empezando no noso eido máis cercano, quixemos formar parte desta iniciativa que encheu as rúas de Santiago de deporte, saúde e compromiso social.

UE_carrera EM

Alí estiveron os rapaces e rapazas da nosa Unidade Esculta‬, prestando servizo como voluntarios da organización da Carreira e tratando de botar unha man a ACEM en todo o que se precisase.

¡Noraboa polo traballo!

Categorías: Unidade Esculta | Etiquetas: , | Deixar un comentario

Marcarse un novo reto, un novo proxecto

“A Unidade Esculta aproveitamos uns días da pasada semana santa para saír de acampada, sen facer moito caso da baixada de temperaturas e a ameaza da chuvia. Desta vez, estivemos moi preto das Torres de Altamira, un lugar precioso, que ademáis agora ten un cachito de min (chámase Laurelio, para os amigos Laurelito), xa vos explicarei esto máis adiante.

IMG_0432

Alí realizamos numerosas actividades: o primeiro día, trala montaxe, foi o momento de repensar o noso proxecto. E tras debatilo con calma, decidimos cambialo e reenfocalo. Agora temos un novo proxecto, dificíl pero que comezamos  con alegría e ilusión: ¡ímonos a Valencia! A nosa meta será participar no campamento de Escultas que organiza ASDE-Scouts de España, onde compartiremos experiencias con rapaces e rapazas de diferentes lugares.

Tras deixar reenfocado o noso proxecto, realizamos xogos e actividades para traballar a nosa confianza e finalizamos o día cantando baixo as estrelas, e nunca mellor dito (ese era o nome da nosa velada, a cal consistía basicamente niso: perder o noso medo escénico cantando).

A segunda xornada empezou algo mal, nos faltaban cousas, ía todo moi tarde, non atopabamos servizo (aínda que iso si, deixámolo todo algo máis limpo) pero rimos e cantamos ante as dificultades, como todo bo scout, para levar unha tarde alegre; na que, un servidor, deu un paso máis na súa progresión persoal na Unidade. E por iso o comentario do principio do texto, xa que me refría a árbore que trasplantei para simbolizar o meu novo compromiso.

A noite acabou cuns xogos na escuridade, nas que, para variar, non se mancou ninguén, jeje.
E así chego o último día, o cal empezou forte, onde outra persoa da Esculta decidiu dar un paso máis na súa progresión (felicidades María, telo realmente merecido!), e comezamos a desmontaxe, tras uns divertidos xogos de rol, nos que traballamos todo o relacionado con prexuízos existentes ante as diversas relixións.

Despois diso, última comida, revisión e correndo para o bus (chegamos a tempo eh!).
E así é como viviu a Esculta a súa acampada de semana santa, agora xa só nos queda mirar cara adiante, todo o que nos queda por facer; o noso obxectivo, tan preto e tan lonxe, todo depende de nós: Valencia verémonos as caras!”

(Raúl. membro da Unidade Esculta)

Fotografía presentada pola Unidade Esculta do Grupo Chan para o concurso #VidaNaNatureza da Federación ASDE-Scouts de Galicia

Fotografía presentada pola Unidade Esculta do Grupo Chan para o concurso #VidaNaNatureza da Federación ASDE-Scouts de Galicia

Categorías: Unidade Esculta | Etiquetas: , | Deixar un comentario

¡Imos ao cine! ¿Te apuntas?

¡O programa de eventos para celebrar o noso XL aniversario está lanzado!
Como xa vos adiantamos, unha das actividades máis sorprendentes consiste en asistir ao visionado da nova adaptación cinematográfica de Disney sobre “O Libro da Selva”, baseada como ben sabedes na fermosa obra literaria de Rudyard Kipling sobre a que bascula toda a ambientación que Baden Powell elixiu para a Manada.

Por iso é un gran pracer convidarvos a todos a unha SESIÓN ESPECIAL exclusiva para o Grupo Scout Chan 292, o vindeiro sábado 16 de abril ás 11:00 da mañá, cun prezo especial de 5 €/persoa. Unha sala reservada para toda a gran familia do Chan, para gozar da maxia do cinema acompañados de familiares e amigos… e con algunha que outra sorpresa! Unha ocasión perfecta tamén para achegar ao Grupo a amigos dos rapaces ou fillos dos vosos familiares, veciños, etc, para que nos coñezan un pouco máis.
foto entrada LibroSelva
Esta sesión é froito do traballo de voluntarios e voluntarias da Comisión e da colaboración de Cinesa As Cancelas. Cabe destacar que falamos do día seguinte á mesmísima estrea da película.
Por cuestións de organización previa e para garantir a ocupación da sala, a venda de entradas realizarase de forma ANTICIPADA: podedes adquirir as entradas na ferretería FERRVA (Rúa de Vista Alegre, 61). ¡Bulide, non quededes sen as vosas!

¡Esperamos vervos a todos e todas na que será unha ocasión histórica! ¡Enchamos a sala!

Velaquí vos deixamos un tráiler da película: https://youtu.be/tC_ev0n-l4A

E tedes a circular desta actividade tan especial na área de Descargas.

Categorías: Clan, Grupo, Kraal, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: , | 1 Comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.