Tropa Scout

¡Agardámoste na Xornada de Portas Abertas!

¡ATENCIÓN! Importante para nenos e nenas, mozos e mozas de entre 8 e 20 anos.
O vindeiro sábado 29 chegan a #XornadaPortasAbertas. Este é o día perfecto para achegarte a coñecernos, ¿Que fas os sábados? ¿Fuches algunha vez de acampada?

Estaremos no noso local no barrio de Vista Alegre de 16.30 a 18.30h, ¡Non o perdas!

Importante: é imprescindible que tod@s @s menores de idade dispoñan dunha autorización asinada para participar. O sábado teremos algúns impresos e preparados no local, pero tamén podedes descargarvos o documento no apartado “Descargas” desta páxina web.
https://gruposcoutchan292.org/descargas/

 

cartel-portas-abertas-2016

Advertisement
Categorías: Clan, Grupo, Kraal, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

¡Imos ao cine! ¿Te apuntas?

¡O programa de eventos para celebrar o noso XL aniversario está lanzado!
Como xa vos adiantamos, unha das actividades máis sorprendentes consiste en asistir ao visionado da nova adaptación cinematográfica de Disney sobre “O Libro da Selva”, baseada como ben sabedes na fermosa obra literaria de Rudyard Kipling sobre a que bascula toda a ambientación que Baden Powell elixiu para a Manada.

Por iso é un gran pracer convidarvos a todos a unha SESIÓN ESPECIAL exclusiva para o Grupo Scout Chan 292, o vindeiro sábado 16 de abril ás 11:00 da mañá, cun prezo especial de 5 €/persoa. Unha sala reservada para toda a gran familia do Chan, para gozar da maxia do cinema acompañados de familiares e amigos… e con algunha que outra sorpresa! Unha ocasión perfecta tamén para achegar ao Grupo a amigos dos rapaces ou fillos dos vosos familiares, veciños, etc, para que nos coñezan un pouco máis.
foto entrada LibroSelva
Esta sesión é froito do traballo de voluntarios e voluntarias da Comisión e da colaboración de Cinesa As Cancelas. Cabe destacar que falamos do día seguinte á mesmísima estrea da película.
Por cuestións de organización previa e para garantir a ocupación da sala, a venda de entradas realizarase de forma ANTICIPADA: podedes adquirir as entradas na ferretería FERRVA (Rúa de Vista Alegre, 61). ¡Bulide, non quededes sen as vosas!

¡Esperamos vervos a todos e todas na que será unha ocasión histórica! ¡Enchamos a sala!

Velaquí vos deixamos un tráiler da película: https://youtu.be/tC_ev0n-l4A

E tedes a circular desta actividade tan especial na área de Descargas.

Categorías: Clan, Grupo, Kraal, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: , | 1 Comentario

¡Comeza o XL aniversario do Grupo Scout Chan 292!

IMG_1234O pasado sábado organizamos un pequeno acto para inaugurar formalmente as celebracións do XL aniversario do noso Grupo Scout Chan 292. Foi un acto breve e sinxelo pero emocionante e cheo de ganas de celebrar este importante cumpreanos como todos e todas merecemos. Contouse coa participación dos rapaces e rapazas e scouters de todas as seccións do Grupo, con pais, nais e familiares, e tamén con persoas que formaron parte desa longa historia que vai percorrendo o Grupo Chan na súa andaina polo escultismo.

No acto se presentaron algunhas pinceladas das actividades que se están a preparar dende unha Comisión de voluntarios e voluntarias (scouters do Kraal, scouters de apoio, pais e antigos membros do Grupo) con moita ilusión.

Xa vos iremos desvelando máis pouco a pouco, pero de momento como aperitivo vos podemos comentar que o programa de celebracións se artella sobre catro eixos fundamentais, algúns cunha vertente máis pública ou institucional, e outros más enfocados de cara aos centos de persoas (tratade de imaxinar canta xente pasa por un grupo coma o noso en catro décadas)  que formamos a gran familia do Grupo Scout Chan 292:

  1. “40 anos educando en liberdade en Santiago” –Exposición multimedia e recopilación dun Arquivo Histórico
  2. “40 anos en ruta” –Ruta por algun tramo do Camiño de Santiago, recepción e Gran Verbena
  3. “40 anos de ledicia” –Recopilación de cancións de Grupo
  4. “40 anos de celebracións” –Gran Cea

E velaquí tedes o logotipo que nos acompañará todo este ano de celebración, ¡esperamos que vos guste tanto como a nós!:

Logo40aniversarioEn palabras da Coordinadora do Grupo: “Hoxe presentamos un logo que pretende ser moito máis que unha imaxe. Quere ser o scout que, dunha ou outra forma, todos fomos e somos na sociedade. Quere ser o mencer nun día frío de inverno en plena acampada, e o atardecer nos días de campamento. Quere ser nosa flor de lis, a Lei Scout e o noso lema. Este logo quere ser tamén a fotografía de cada un de vós e a de todos os nenos, nenas e adultos que descubrirán o escultismo como forma de vida e ao Grupo Scout Chan como a súa segunda familia.”

Aínda que as interpretacións poden ser persoais, vos compartimos unha explicación do simbolismo desta imaxe:

O logo representa un número “40”, que está formado pola silueta dun “4” unido ao que representa a metade dereita dunha flor de lis. O catro simboliza a silueta dunha persoa (scout), e o cero sería a súa mochila, que están unidos pola pañoleta do noso grupo. O conxunto simbolizaría a un scout en plena ruta á luz do mencer, ou do atardecer (baixo a lux do sol, en definitiva).

A pañoleta rodeando á silueta scout e á mochila é un pouco a unión que nos une ás persoas que estamos e estiveron no grupo e o nó ao rededor é a fraternidade scout.

En canto ás cores, o amarelo é cor do sol, dos días de campamento, de reunións, como esas tardes de rutas. O morado é a cor polo que representa aos scouts en todo o mundo, e o granate nos lembra a cor da bandeira de Santiago de Compostela, a nosa cidade, o entorno social e medioambiental que levamos 40 anos tratando de mellorar. Finalmente o tono gris podería representar todas as noites de acampada ao aire libre, e o ceo que máis frecuentemente nos cubre en todas as saídas que os rapaces e rapazas do Grupo levan realizando dende fai 40 anos.

Categorías: Clan, Grupo, Kraal, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: ,,,,,, | Deixar un comentario

¿Qué tal a acampada, tropeiros?

IMG-20160117-WA0033
A Tropa disfrutou ao grande a pasada fin de semana dunha acampada, xa que por diversas circunstancias non o puideron facer nas datas do Nadal, como soe ser habitual.
Esta acampada tivo lugar nos arredores do local de Busto.
IMG-20160117-WA0028
Durante eses días os rapaces e rapazas non pararon de facer actividades: realizaron varios obradoiros sobre distintas técnicas que tamén puxeron en práctica: nós, orientación, ruta, lume…
Tamén fixeron unha dinámica sobre habilidades sensoriais e unha chea de xogos diversos
E que non se nos esquenza dicir que ¡temos entre nós a outra scout máis! xa que se celebrou unha cerimonia de Promesa Scout, motivo polo que debemos estar especialmente felices (¡noraboa Raquel!).IMG-20160117-WA0046
Categorías: Tropa Scout | Etiquetas: , | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.