Manada

“Collo 2.92 e redondeo” (#Coge3 #Colle3)

“Collo 2.92 e redondeo”, un pequeno proxecto que lanzamos dende o Ecocargo do Grupo Scout Chan 292, apoiando o maravilloso proxecto “Coge3” que persigue, coma todas e todos os scouts do mundo, deixalo un pouco mellor de como o atopamos.
Así, a idea é recoller alomenos 3 obxectos ou residuos que atopemos en entornos naturais. Animámosvos a mandarnos as vosas fotos para seguir esta pequena cadea e animar a máis xente a participar.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra fotográfica dos primeiros pasiños. Tanto nas nosas actividades, coma fóra delas, Collo 2’92 e redondeo.
Tedes máis información do proxecto na súa páxina web http://cogetres.com/ e na súa páxina de Facebook https://www.facebook.com/coge3/
Advertisement
Categorías: Castores, Clan, Grupo, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Deixar un comentario

¡A Manada estivo de acampada!

Acampada Manada Semana Santa
 
Esta fin de semana a Manada desfrutou da súa Acampada de Semana Santa en Marantes!
 
Queredes saber algo do que fixeron? Pois lede un pouquiño máis… 😉
 
Os rapaces e rapazas o pasaron xenial facendo un montón de xogos e actividades. 
M_manteo
Realizaron a súa primeira Caza do ano “Potato-King”, onde os locos monos Banderlog tiñan preparados para eles/as unha gran cantidade de probas para metelos/as no manicomio das Moradas Frías!
M_juego
Menos mal que despois foron rescatados/as por unhas Gaviotas moi especiales… E con elas celebraron unha gran velada pola noite! 
 
Tamén tivemos moitos lobatos/as que fixeron a promesa e pasaron de rastro. Noraboa!
 
Aquí deixámosvos máis fotos do ben que o pasaron os nenos e nenas da Manada Seeonee 🙂

M_Manada

😄

Categorías: Manada | Etiquetas: , | Deixar un comentario

¡Agardámoste na Xornada de Portas Abertas!

¡ATENCIÓN! Importante para nenos e nenas, mozos e mozas de entre 8 e 20 anos.
O vindeiro sábado 29 chegan a #XornadaPortasAbertas. Este é o día perfecto para achegarte a coñecernos, ¿Que fas os sábados? ¿Fuches algunha vez de acampada?

Estaremos no noso local no barrio de Vista Alegre de 16.30 a 18.30h, ¡Non o perdas!

Importante: é imprescindible que tod@s @s menores de idade dispoñan dunha autorización asinada para participar. O sábado teremos algúns impresos e preparados no local, pero tamén podedes descargarvos o documento no apartado “Descargas” desta páxina web.
https://gruposcoutchan292.org/descargas/

 

cartel-portas-abertas-2016

Categorías: Clan, Grupo, Kraal, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

¡Imos ao cine! ¿Te apuntas?

¡O programa de eventos para celebrar o noso XL aniversario está lanzado!
Como xa vos adiantamos, unha das actividades máis sorprendentes consiste en asistir ao visionado da nova adaptación cinematográfica de Disney sobre “O Libro da Selva”, baseada como ben sabedes na fermosa obra literaria de Rudyard Kipling sobre a que bascula toda a ambientación que Baden Powell elixiu para a Manada.

Por iso é un gran pracer convidarvos a todos a unha SESIÓN ESPECIAL exclusiva para o Grupo Scout Chan 292, o vindeiro sábado 16 de abril ás 11:00 da mañá, cun prezo especial de 5 €/persoa. Unha sala reservada para toda a gran familia do Chan, para gozar da maxia do cinema acompañados de familiares e amigos… e con algunha que outra sorpresa! Unha ocasión perfecta tamén para achegar ao Grupo a amigos dos rapaces ou fillos dos vosos familiares, veciños, etc, para que nos coñezan un pouco máis.
foto entrada LibroSelva
Esta sesión é froito do traballo de voluntarios e voluntarias da Comisión e da colaboración de Cinesa As Cancelas. Cabe destacar que falamos do día seguinte á mesmísima estrea da película.
Por cuestións de organización previa e para garantir a ocupación da sala, a venda de entradas realizarase de forma ANTICIPADA: podedes adquirir as entradas na ferretería FERRVA (Rúa de Vista Alegre, 61). ¡Bulide, non quededes sen as vosas!

¡Esperamos vervos a todos e todas na que será unha ocasión histórica! ¡Enchamos a sala!

Velaquí vos deixamos un tráiler da película: https://youtu.be/tC_ev0n-l4A

E tedes a circular desta actividade tan especial na área de Descargas.

Categorías: Clan, Grupo, Kraal, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: , | 1 Comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.