Kraal

Xornadas de avaliación e novos proxectos

Xa dicía fai tempo algunha que outra persoa sabia aquilo de que “as nosas accións falan tanto sobre nós coma nós sobre elas”. Tanto é así, que continuamente estamos a avanzar entre camiños e decisións que marcan os nosos resultados. E, cando estamos a falar de resultados educativos, de persoas, de nenos e nenas crecendo para chegar a ser axentes de cambio na procura de deixar o mundo mellor do que o atoparon, débese falar e refalar das accións cantas veces sexa necesario.

Así se fixo esta fin de semana, coa celebración dunhas Xornadas para o noso equipo de educadores e educadoras voluntarios (scouters).

Sesión de traballo do Kraal de scouters durante as Xornadas

Un percorrido polo realizado estes meses atrás con vistas a mellorar a nosa maneira de facer tendo sempre como obxectivo  a educación integral de tódolos nenos e nenas cos que se traballa semana a semana. Unha fin de semana intensa na que avaliar o conseguido e revisar as moitas, moitísimas, accións que aínda quedan por diante. E é que, toda crítica construtiva é éxito asegurado para seguir traballando da mellor maneira posíble sendo necesario que as accións falen de nós realizando así unha educación pola acción constante, e que nós falemos delas para exprimir todas as potencialidades que cada quen aporta a continuo quefacer educativo.

Fines de semana intensos que son, ademais de divertidos, moi necesarios para seguir camiñando nesta liña de actuación.

Parte do Kraal de Scouters 2012-2013

Categorías: Kraal | Etiquetas: , | Deixar un comentario

A formación dos nosos educadores voluntarios

A formación dos scouters é un dos factores que o noso Grupo Scout Chan sempre considerou e considera fundamentais. Non só para cumprir coa lexislación vixente en materia de actividades de lecer con nenos e nenas, senón sobre todo pola nosa inquedanza en desenvolver un traballo educativo da mellor calidade posible dentro do escultismo.

Un ano máis a Escola oficial de Tempo de Lecer que pertence a ASDE-Scouts de Galicia, a ESIM, comeza a impartir o Curso de Monitor de Actividades de Tempo de Lecer, que ademáis conleva o nivel de formación scout do Nó Gilwell. Parte do Claustro de formadores está integrado por membros do noso Grupo Chan.

Dentro dalgunhas semanas chegará un novo módulo do curso, no que participan como alumnos varios membros do noso Grupo Scout Chan.

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Kraal | Etiquetas: ,,, | 1 Comentario

Os scouts visitarán o Refuxio de Bando

O vindeiro Sábado 23 de Xuño vamos a realizar unha actividade moi especial, escollida entre todos os membros do Grupo (do máis pequeno ao scouter máis curtido) na Asamblea de Grupo do Paso de Ramas.

Desta maneira todas as Ramas xuntas faremos unha marcha de 6 Km, dende Santiago ao Refuxio de Bando, a protectora de animais ubicada en Zamarracedo (Bando).

Os obxectivos desta acción son:

–       Coñecer as instalacións e o funcionamento do Refuxio.

–       Concienciarse acerca da responsabilidade do coidado dos animais e a realidade dos abandonos.

–       Descubrir as posibilidades de voluntariado e colaboración co Refuxio.

Alí seremos recibidos por Paloma Aguirre (directora do centro) e os voluntarios do Refuxio, coñeceremos de cerca as instalacións, os animais que alí viven (sobre todo cans) e todo o proceso de recollida, coidado e adopción.

Faremos entrega dos materiais* recollidos entre as familias do Grupo Scout, entre os que se atopa material para o coidado dos cans, correas para sacalos a pasear, escudillas para darlles de comer e comida.

Por último tentaremos botar unha man no que poidamos ¡Unha experiencia que ningún rapaz se pode perder!

Máis información acerca do Refuxio do Bando en  www.refuxio.org e tamén en Facebook

*(Nota: Aínda é posible traer materiais para donar ao Refuxio, levándoos o propio día da actividade.)

Categorías: Clan, Grupo, Kraal, Manada, Tropa Scout | Etiquetas: ,,,, | 1 Comentario

O Grupo Chan participa na construcción do presente e o futuro da Federación

O pasado domingo 20 de maio, representantes do Grupo Scout Chan 292 participaron das reunións dos dous órganos fundamentais da nosa Federación ASDE-Scouts de Galicia, xunto con representates dos outros Grupos Scouts galegos que a integran: a Asamblea Scout Xeral, onde se debatiron enmendas sobre os Estatutos e o no Regulamento RI; e no Consello Scout Xeral, no que os diferentes Grupos comparten as súas inquedanzas e realidades e onde ademáis se planificaron as accións a desenvolver nos vindeiros meses.

http://scoutsdegalicia.org/2012/05/22/asemblea-e-consello-de-asde-scouts-de-galicia-facendo-federacion/

Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, Grupo, Kraal | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.