Grupo

¡Todo listo para o I #FestiChan!

¿Estades xa preparados e preparadas para o I FestiChan de Entroido?! Nós si!

Debido a gran acollida da iniciativa e a meteoroloxía prevista para mañá sábado vos informamos de que manteremos o formato da actividade pero que o lugar de realización será finalmente na sala-teatro do Centro Don Bosco (Rúa Belvis, 2) que nos ceden para esta ocasión tan especial.

O resto do #PlanScout segue igual! Vos recordamos o máis importante:

  • Sábado 18 de febreiro, de 16h a 19h no Centro don Bosco (Rúa Belvis, 2)
  • Entrada solidaria: 1Kg alimentos non perecedeiros (que doaremos ao Banco de Alimentos)
  • Disfraz recomendado pero non obrigatorio
¡O pasaremos moi ben!
Vémonos alí I FestiChan
Advertisements
Categorías: Grupo | Etiquetas: ,,,,, | Deixar un comentario

Convertimos o local nunha sala de cine!

15540904_1438216076202804_7992142472554012475_o

Hoxe chega a o noso local de Vista Alegre a iniciativa Cine Espallado.
Nesta ocasión contaremos co actor Ernesto Chao que apadriñará o filme “Furtivos” (1975, calificada para > 18 anos) de Jose Luis Borau.

Trátase dunha actividade organizada polo Colectivo Barriopia e financiada polo Concello de Santiago.

Esta colaboración xurde pola aprobación dunha proposta dos nosos rapaces e rapazas en nome do Grupo dentro dos Orzamentos Participativos municipais Compostela Decide.

Agardámoste!

15356506_627092540834224_8548890268976708046_n

Categorías: Grupo | Deixar un comentario

¡Agardámoste na Xornada de Portas Abertas!

¡ATENCIÓN! Importante para nenos e nenas, mozos e mozas de entre 8 e 20 anos.
O vindeiro sábado 29 chegan a #XornadaPortasAbertas. Este é o día perfecto para achegarte a coñecernos, ¿Que fas os sábados? ¿Fuches algunha vez de acampada?

Estaremos no noso local no barrio de Vista Alegre de 16.30 a 18.30h, ¡Non o perdas!

Importante: é imprescindible que tod@s @s menores de idade dispoñan dunha autorización asinada para participar. O sábado teremos algúns impresos e preparados no local, pero tamén podedes descargarvos o documento no apartado “Descargas” desta páxina web.
https://gruposcoutchan292.org/descargas/

 

cartel-portas-abertas-2016

Categorías: Clan, Grupo, Kraal, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

Proxectos realizados coa Iniciativa Xove 2016

A nova ronda solar 2016-2017 está a piques de comezar no Grupo Scout Chan, ¡¡pronto teredes as datas das primeiras actividades!!

Para ir facendo boca podemos lembrar algúns dos momentos máis destacados da ronda pasada, coma por exemplo o campamento de verán ou por suposto a nosa participación representando a ASDE – Scouts de Galicia no Festival Scout de ASDE Scouts de España en Mérida. Proxectos que puidemos levar a cabo en gran parte grazas ao apoio da Iniciativa Xove 2016 da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

diapositiva1 diapositiva2 diapositiva3

Categorías: Grupo | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.