Clan

¡Comeza o XL aniversario do Grupo Scout Chan 292!

IMG_1234O pasado sábado organizamos un pequeno acto para inaugurar formalmente as celebracións do XL aniversario do noso Grupo Scout Chan 292. Foi un acto breve e sinxelo pero emocionante e cheo de ganas de celebrar este importante cumpreanos como todos e todas merecemos. Contouse coa participación dos rapaces e rapazas e scouters de todas as seccións do Grupo, con pais, nais e familiares, e tamén con persoas que formaron parte desa longa historia que vai percorrendo o Grupo Chan na súa andaina polo escultismo.

No acto se presentaron algunhas pinceladas das actividades que se están a preparar dende unha Comisión de voluntarios e voluntarias (scouters do Kraal, scouters de apoio, pais e antigos membros do Grupo) con moita ilusión.

Xa vos iremos desvelando máis pouco a pouco, pero de momento como aperitivo vos podemos comentar que o programa de celebracións se artella sobre catro eixos fundamentais, algúns cunha vertente máis pública ou institucional, e outros más enfocados de cara aos centos de persoas (tratade de imaxinar canta xente pasa por un grupo coma o noso en catro décadas)  que formamos a gran familia do Grupo Scout Chan 292:

  1. “40 anos educando en liberdade en Santiago” –Exposición multimedia e recopilación dun Arquivo Histórico
  2. “40 anos en ruta” –Ruta por algun tramo do Camiño de Santiago, recepción e Gran Verbena
  3. “40 anos de ledicia” –Recopilación de cancións de Grupo
  4. “40 anos de celebracións” –Gran Cea

E velaquí tedes o logotipo que nos acompañará todo este ano de celebración, ¡esperamos que vos guste tanto como a nós!:

Logo40aniversarioEn palabras da Coordinadora do Grupo: “Hoxe presentamos un logo que pretende ser moito máis que unha imaxe. Quere ser o scout que, dunha ou outra forma, todos fomos e somos na sociedade. Quere ser o mencer nun día frío de inverno en plena acampada, e o atardecer nos días de campamento. Quere ser nosa flor de lis, a Lei Scout e o noso lema. Este logo quere ser tamén a fotografía de cada un de vós e a de todos os nenos, nenas e adultos que descubrirán o escultismo como forma de vida e ao Grupo Scout Chan como a súa segunda familia.”

Aínda que as interpretacións poden ser persoais, vos compartimos unha explicación do simbolismo desta imaxe:

O logo representa un número “40”, que está formado pola silueta dun “4” unido ao que representa a metade dereita dunha flor de lis. O catro simboliza a silueta dunha persoa (scout), e o cero sería a súa mochila, que están unidos pola pañoleta do noso grupo. O conxunto simbolizaría a un scout en plena ruta á luz do mencer, ou do atardecer (baixo a lux do sol, en definitiva).

A pañoleta rodeando á silueta scout e á mochila é un pouco a unión que nos une ás persoas que estamos e estiveron no grupo e o nó ao rededor é a fraternidade scout.

En canto ás cores, o amarelo é cor do sol, dos días de campamento, de reunións, como esas tardes de rutas. O morado é a cor polo que representa aos scouts en todo o mundo, e o granate nos lembra a cor da bandeira de Santiago de Compostela, a nosa cidade, o entorno social e medioambiental que levamos 40 anos tratando de mellorar. Finalmente o tono gris podería representar todas as noites de acampada ao aire libre, e o ceo que máis frecuentemente nos cubre en todas as saídas que os rapaces e rapazas do Grupo levan realizando dende fai 40 anos.

Categorías: Clan, Grupo, Kraal, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: ,,,,,, | Deixar un comentario

¡Colaboramos co Reto Quimions!

A Manada disposta a recortar os deseños de novos Quimions¿Coñecedes o reto Quimions? Pois volo explicamos: se trata dunha iniciativa totalmente altruista que busca dotar dun pouco de maxia e alegría aos servizos hospitalarios de pediatría, en especial aos de oncoloxía. O proxecto consiste en elaborar “Quimions“, que son unhas fundas reutilizables para as bolsas de sueros e medicamentos que se administran por vía intravenosa. Estas fundas terán motivos alegres, fundamentalmente personaxes das series e películas infantís preferidas dos rapaces. Todas as seccións do Grupo Scout Chan están colaborando neste proxecto, de modo que poderemos entregar unha boa pila de fundas elaboradas polos nosos nen@s e moz@s ‪#‎retoQuimions‬

Tedes toda a información na páxina web da iniciativa: http://www.retoquimions.org/index.html

 

Vos deixamos tamén unhas fotos da Manada elaborando os seus Quimions na reunión do sábado pasado en Busto.

A Manada cos seus patróns de Quimions

Categorías: Clan, Grupo, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

¡Scouts de Suíza no noso Campamento!

Outro gran acontecemento no ‪#‎CampamentoScout‬ ‪#‎Fao2015‬ foi algo que supuxo unha novidade total nos 39 anos de historia do Grupo: recibir a visita de scouts doutro país.

O Grupo Scout suízo 80 Jahre Pfadi St. Georg Gossau-Niederwil decidiu sacar adiante un proxecto para organizar o seu campamento de verán deste ano en terras galegas, e a base de moito traballo e esforzo e de recadar moitos apoios, puideron sacar adiante o seu proxecto.

Contactaron connosco por correo electrónico varios mese atrás, e organizamos esta visita, na que aproveitamos para realizar distintas actividades para que os rapaces e rapazas se coñecesen entre sí.

Un dos momentos máis salientables foi o intercambio gastronómico: os nosos visitantes nos agasallaron cunha auténtica fondue de quesos suízos, e nós, coas cociñas ocupadas, puxemos en xogo ricas empanadas 🙂
A xornada culminouse cun intercambio de pañoletas entre os directores de ambos campamentos e unha gran foto de familia.
Velaquí vos deixamos a ligazón da páxina web do seu proxecto e das fotos que fixeron durante a xornada de visita: http://www.espana15.ch/index.php/de/fotos?idx=1&albid=6173731309983069041&back=article

IMG_2505

Categorías: Clan, Grupo, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: , | Deixar un comentario

¡O Clan organiza un concerto!

2015-06-25 ReCover CLANPoida que non o saibades aínda, pero xa vos avisamos: xa tedes un plan para o vindeiro xoves 25 de xuño o Clan de Rovers Tayali organiza un concerto!

Poderemos desfrutar dunha actuación do grupo ReCover. Será na Sala Moon de Santiago de Compostela, ás 22:00.

Ademáis vos podemos anunciar que se realizará un sorteo entre todas as persoas asistentes

¡Alí nos veremos!

¡Non faltes!

Categorías: Clan, Grupo | Etiquetas: | Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.