Clan

A actitude de deixar as cousas mellor de como se atopan

dsc_1435Como xa sabedes estes días 25 e 26 de febreiro o Grupo Scout Chan estamos a desfrutar dunha das actividades que máis nos gusta: ¡saír de acampada!

 

Estamos desfrutando da nosa xa tradicional Acampada conxunta de Entroido, todos os rapaces e rapazas do Grupo Scout Chan xuntos, nesta ocasión visitando por primeira vez o Centro Scout de Abeiro (Compostela) que teñen os nosos irmáns e irmás scouts da outra asociación scout galega: Escultismo Católico Galego.

 

Os mozos e mozas da nosa Unidade Esculta e o noso Clan de Rovers realizaron unha acción de servizo durante a mañá do sábado. Os scouts deixamos as cousas mellor de como as atopamos e por iso quixeron colaborar co Centro Scout Abeiro montando un toldo fixo e rematando de acondicionar unhas ventás do edificio principal.

Aquí vos deixamos unhas fotos:

dsc_1406
dsc_1407
Advertisement
Categorías: Clan, Grupo, Unidade Esculta | Etiquetas: ,,, | 1 Comentario

¡Agardámoste na Xornada de Portas Abertas!

¡ATENCIÓN! Importante para nenos e nenas, mozos e mozas de entre 8 e 20 anos.
O vindeiro sábado 29 chegan a #XornadaPortasAbertas. Este é o día perfecto para achegarte a coñecernos, ¿Que fas os sábados? ¿Fuches algunha vez de acampada?

Estaremos no noso local no barrio de Vista Alegre de 16.30 a 18.30h, ¡Non o perdas!

Importante: é imprescindible que tod@s @s menores de idade dispoñan dunha autorización asinada para participar. O sábado teremos algúns impresos e preparados no local, pero tamén podedes descargarvos o documento no apartado “Descargas” desta páxina web.
https://gruposcoutchan292.org/descargas/

 

cartel-portas-abertas-2016

Categorías: Clan, Grupo, Kraal, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: ,, | Deixar un comentario

¡#PonteNosSeusZapatos e colabora!

Desde o Clan do Grupo Scout Chan 292, queremos facer un chamamento de acción para que nos axudedes nun obxectivo que temos: conseguir calzado para as persoas refuxiadas que o necesitan.

Debido as durísimas e precarias condicións nas que se sobreviven aos refuxiados de guerra que se atopan neste momento en Grecia, no próximo Festival Federal Scout en Mérida propúxose realizar unha macrorecollida de calzado, co fin de envialo a zonas específicas en necesidade.

Aínda que é certo que se realizan continuas campañas de recollida de produtos sanitarios ou alimentos, ás veces esquecémonos doutras cousas que tamén son necesarias.

Esta acción de solidariedade nace da ilusión dos irmáns e irmás scouts do Grupo Scout 109 Monte Clavijo de ASDE – Scouts de La Rioja. Aquí tedes máis información da iniciativa: https://scoutsdelarioja.wordpress.com/2016/04/16/aliento-de-esperanza/

Dende o Grupo Scout Chan 292, queremos unirnos a esta proposta. Por iso ofrecemos, a quen esteades interesados en participar, a posibilidade de doar calzado para esta causa. Os encargados de organizar a recollida seremos nós, o Clan de Rovers.

A recollida estará activa ata o vindeiro xoves 28 ás 20.00. O calzado doado deberá depositarse en bolsa pechada e co número de talla escrito por fóra na Cafetería 25 de Xullo (Avenida Rodrigo de Padrón, n°4. Enfronte á comisaría da Policía Nacional).

O calzado, debe estar en BÓ ESTADO e a poder ser botas de montaña, trekking ou deporte, xa que serán necesarios para usalos durante moito Km. Tamén é recibido calzado máis estival, pero debe ser apropiado pra camiñar.

Pedímosvos que revisedes todo o voso material e sumédesvos a esta causa axudándonos nesta macrorecollida!

Aquelas persoas que non teñan como levar o calzado, ou para calquera consulta e/ou dúbida, podedes contactar connosco neste email: ClanGrupoScoutChan292@gmail.com

¡Moitas, moitísimas grazas á cafetaría 25 de Xullo pola colaboración e a súa enteira disposición a esta causa!

¡Contamos con todos e todas! #PonteNosSeusZapatos #ConstruirUnMundoMellor

A recollida de calzado comezou con moi boa resposta

A recollida de calzado comezou con moi boa resposta

 

Categorías: Clan, Grupo | Etiquetas: ,,, | Deixar un comentario

¡Imos ao cine! ¿Te apuntas?

¡O programa de eventos para celebrar o noso XL aniversario está lanzado!
Como xa vos adiantamos, unha das actividades máis sorprendentes consiste en asistir ao visionado da nova adaptación cinematográfica de Disney sobre “O Libro da Selva”, baseada como ben sabedes na fermosa obra literaria de Rudyard Kipling sobre a que bascula toda a ambientación que Baden Powell elixiu para a Manada.

Por iso é un gran pracer convidarvos a todos a unha SESIÓN ESPECIAL exclusiva para o Grupo Scout Chan 292, o vindeiro sábado 16 de abril ás 11:00 da mañá, cun prezo especial de 5 €/persoa. Unha sala reservada para toda a gran familia do Chan, para gozar da maxia do cinema acompañados de familiares e amigos… e con algunha que outra sorpresa! Unha ocasión perfecta tamén para achegar ao Grupo a amigos dos rapaces ou fillos dos vosos familiares, veciños, etc, para que nos coñezan un pouco máis.
foto entrada LibroSelva
Esta sesión é froito do traballo de voluntarios e voluntarias da Comisión e da colaboración de Cinesa As Cancelas. Cabe destacar que falamos do día seguinte á mesmísima estrea da película.
Por cuestións de organización previa e para garantir a ocupación da sala, a venda de entradas realizarase de forma ANTICIPADA: podedes adquirir as entradas na ferretería FERRVA (Rúa de Vista Alegre, 61). ¡Bulide, non quededes sen as vosas!

¡Esperamos vervos a todos e todas na que será unha ocasión histórica! ¡Enchamos a sala!

Velaquí vos deixamos un tráiler da película: https://youtu.be/tC_ev0n-l4A

E tedes a circular desta actividade tan especial na área de Descargas.

Categorías: Clan, Grupo, Kraal, Manada, Tropa Scout, Unidade Esculta | Etiquetas: , | 1 Comentario

Blog en WordPress.com.