Hoxe chega a o noso local de Vista Alegre a iniciativa Cine Espallado.
Nesta ocasión contaremos co actor Ernesto Chao que apadriñará o filme “Furtivos” (1975, calificada para > 18 anos) de Jose Luis Borau.
Trátase dunha actividade organizada polo Colectivo Barriopia e financiada polo Concello de Santiago.
Esta colaboración xurde pola aprobación dunha proposta dos nosos rapaces e rapazas en nome do Grupo dentro dos Orzamentos Participativos municipais Compostela Decide.