Os días 21 e 22 de novembro celebrouse en Guadarrama (Madrid) a Asamblea Scout, máximo órgano de participación e decisión de ASDE Scouts de España, Tamén tiveron lugar outros eventos como a final do Festival de Cortos e de Fotos Scouts, o 9º Foro Rover e a entrega de 3 Medallas ao Mérito Scout.

A representación de ASDE-Scouts de Galicia na Asamblea Scout -de esquerda a dereita-: Prisco e Pablo, (ambos do GS Chan 292) e Toni (GS Vasco da Ponte 636)
No marco da Asamblea, ademais de diversos temas de debate e traballo de importancia, o asunto sen dúbida máis relevante o constituían as eleccións ao novo Equipo Scout (órgano de voluntarios e voluntarias que asume a función de coordinar a federación).
Estamos moi, moi felices e orgullosos do noso compañeiro Pablo Álvarez, un dos voluntarios do noso Grupo Scout Chan, quen formará parte do Equipo Scout, como membro da candidatura más ASDE que resultou elixida. Pablo asume o cargo de Coordinador de Voluntariado e Formación. É a primeira vez na historia que un membro do Grupo Scout Chan entra a formar parte dun Equipo Scout (e a segunda que o fai unha persoa da nosa federación ASDE – Scouts de Galicia)
¡Noraboa Pablo! Conta co noso total apoio neste novo reto. Sempre adiante