O pasado domingo 25 de outubro tivo lugar a XXXVIII edición da Carreira Pedestre Popular de Santiago, o evento deportivo por excelencia da nosa cidade, e probablemente un dos áis importantes tamén a nivel social.
A Carreira cumple xa 38 edicións, e son efectivamente 38 os anos que o Grupo Scout Chan levamos apoiando a organización da Carreira, dende o primeiro momento, denda a primeira edición.
Porque xa por aquel entonces, en 1978 a nosa vocación de favorecer o fomento do deporte e de hábitos de vida saudable, pero sobre todo por espíritu de servizo, de tratar de axudar en algo importante para Compostela, se viu claramente que había que colaborar coa organización da Carreira Pedestre.
Dende moi cedo o día da carreira, colocando vallas, asistindo aos corredores, recollendo dorsais, repartindo bebida, preparando os packs de medalla e camiseta, etc, axudando nas xestións internas, etc. Son innumerables as distintas tarefas que durante estes 38 anos os nosos rapaces e rapazas, mozos e mozas, voluntarios todos, grandes e maiores, teñen realizado.
O Grupo Scout Chan cumpre esta ronda 2015-2016 os 40 anos, e levamos 38 colaborando coa Carreira Pedestre, toda unha vida.
OS rapaces fan un traballo exemplar o día da Carreira. Dende as 8 da mañá colocando vallas, sempre sorrindo e con bó ánimo, a pesar de que moitas veces reciben algun improperio de persoas con pouco civismo que pretenden pasar por onde a seguridade esixe non facelo. Pero o compensan o agradecemento dos corredores e saber que se está colaborando cun evento que une a toda a cidade.
Sempre listos (para servir)