(Estos son os sorrisos cos que se comeza unha nova aventura)
Un ano máis, o Grupo Scout Chan 292 afronta o reto dunha nova rolda solar, un novo curso que nos traerá novos desafíos e aventuras.
E non hai mellor modo de comezar isto que cunha acampada, por suposto! Así, os pasados días 17 e 18 de outubro celebramos a acampada de Paso de Ramas.
Durante a mañá do sábado, despois de reencontrarse tralo verán e de montar o campamento, maiores e pequenos compartiron diversos xogos. E posteriormente os rapaces adicaron a tarde a avaliar un pouco o que deu de sí o curso pasado, e a preparar as súas propias propostas para a gran Asamblea de Grupo, ao día seguinte. Esa Asamblea é moi especial porque os nenos e nenas plantexan propostas que logo se votan entre todos, a man alzada, e así asumimos entre todos e todas novos retos e proxectos para a nova rolda. Nos scouts educamos dende o primeiro paso na participación e nos valores democráticos, dende fai moitos, moitos anos.
A ceremonia de Paso de Ramas do domingo foi especialmente emotiva xa que ademáis de que moitos rapaces e rapazas dan un paso adiante e cambian de sección, dúas persoas, dous scouters, Nuria e Adrián, abandoan a comunidade de educadores voluntarios do Grupo, o Kraal. (pero de seguro seguirán botándonos unha man naquelo que poidan aportar :))
En definitiva, esta acampada foi o xeito perfecto de despedir todo un ano de aventuras e comezar unha nova experiencia chea de ilusións e cousas por aprender.
Vos deixamos a foto “de familia” do Grupo para a rolda 2015-2016:
Aí vamos, a por outra Rolda!!