¡ATENCIÓN! Mensaxe importante para nenos e nenas, mozos e mozas de entre 8 a 20 anos (e para nais, pais e persoas interesadas en voluntariado educativo no tempo de lecer) O vindeiro sábado 24 de outubro chega a nosa #XornadaPortasAbertas É o día ideal para que vos acheguedes a coñecernos. ¿Queres vivir retos e aventuras na túa cidade ou en plena Natureza? ¿tomar as túas propias decisións? ¿poñer o mellor de ti para axudarnos a #ConstruirUnMundoMellor entre todos e todas?
Pois non o dubides, ¡ven a coñecernos! sábado 24 de outubro, de 16:30 a 18:30
NOTA IMPORTANTE: Cómpre que todos aqueles nenos e nenas que acudan por primeira vez dispoñan dunha autorización asinada polos seus pais/titores legais. Podedes descargaros o documento nesta ligazón: https://gruposcoutchan292.org/descargas/